A Policía local de Ames realizou máis de 5.000 actuacións e informes no 2007
19 May, 2008
A Policía local de Ames realizou máis de 5.000 actuacións e informes no 2007
A Policía local de Ames acaba de elaborar a súa memoria anual. Nela contabilízanse 5.000 actuacións e informes realizados ao longo do ano pasado. As funcións que desenvolven os axentes da garda municipal de Ames son moi variadas e amplas. Ademais das actuacións máis comúns, realízanse tarefas de colaboración coa cidadanía, de carácter non periódico, pero que son de grande utilidade para os amienses. Algúns exemplos son as actuacións para sinalizar xeadas ou outros efectos climatolóxicos adversos, as vixilancias de instalacións de ocio do concello, da praia fluvial de Tapia e das piscinas municipais durante o verán ou a prestación de axuda a persoas que sofren contratempos. En moitas das actividades que organiza o Concello, a Policía está presente para garantir a seguridade das persoas que participan nelas, como a cabalgata de reis, o Entroido ou o Día da mocidade. Os cortes de tráfico durante as festas ou eventos especiais tamén son tarefas que desenvolve a Policía Local de Ames.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?