A veciñanza de Ames gozou da gastronomía no primeiro Encontro Intercultural
10 June, 2008
Inmigrantes de once países compartiron os seus coñecementos culinarios cos galegos nun encontro no que non faltou unha achega galega con receitas do noso país. ¡Comidas do mundo. Un mundo de comidas! serviu non só para degustar e coñecer a través da gastronomía parte da cultura dos países representados, senón tamén para que as persoas puideran conversar, interaccionar, compartir e expresarse culturalmente. A cociña, iso si, foi a gran protagonista no centro cultural do Milladoiro, un centro que quedou pequeno para a gran afluencia de xente. Non faltou tampouco a música, ofrecida neste caso por amienses procedentes de Venezuela e Arxentina. Unha xornada especial que tiña como obxectivo favorecera integración dos inmigrantes. A variedade de produtos e de países presentes puxo de manifesto a recepción de habitantes doutras nacionalidades que Ames experimenta nos últimos tempos. O 5% do censo municipal fórmano veciños e veciñas de preto de medio cento de nacionalidades. O I Encontro Gastronómico Intercultural é unha das iniciativas do Concello de Ames para favorecer a interrelación veciñal. O Servizo de Atención ao Migrante aproveitou esta xuntanza para por a disposición dos asistentes información sobre os servizos que prestan.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?