Presenza policial en Milladoiro
19 junio, 2008
Señor alcalde:
Ultimamente notamos máis presenza policial en Milladoiro. Iso está ben, sempre e cando os axentes que nos visitan non o fagan só para cosernos a multas. Gustaríame que nos facilitase os datos de cantas multas se puxeron en Milladoiro e cantas en Bertamiráns nos derradeiros meses, xa que estou seguro que os de Milladoiro levamos o primeiro posto. J. P. Gerpe.
A maior presenza da policia local no Milladoiro (e no resto do concello) obedece ao importante crecemento no número de efectivos levados a cabo polo concello nos últimos anos, chegando a duplicar o número de membros inicial. Polo que respecta ás denuncias de infraccións en materia de circulación vial pódolle dicir que é escasísimo en todo o termo municipal e que, dende logo, como alcalde non permitiría baixo ningún concepto que houbese discriminacións xeográficas entre un lugar e outro.







Señor alcalde. ¿Poderiame vostede explicar porque os seus axentes teñen tantos problemas co vecindario? Concretamente 2 de eles, que estabamos fartos de velos por certos lugares en horario de traballo ( e non traballaban polo qu en realidade se lles paga) ate que se casaron, e ainda asi , poderia dicirme porque o vemos todos menos vostede. Sinceramente deberia de levar un maior control dos seus axentes porque a hora da verdade non sabemos se en realidade estamos protexidos ou non, posto que estamos a ver que eses axentes usan as leis o seu gusto e segun o seu propio interese. ¿Porqué nos estamos obrigados a deixar certo espazo o facelos nosos cerrados con respecto a estrada e eles por ser “axentes da autoridade” non? non somos todos iguais diante da lei? Porque se queixa dos ruido dun veciño que só traballa 2 dias a seman en horario laboral, e permitame que lle diga que se non o cree, pode preguntarnos os veciños que para algo estamos mais que para cando nos interesan as votacions. O que pasa e que como vostede non quere ou non lle interesa darse conta de eso. ¿Que podmos facer ante eso? Só deixar de creer en vostede e na súa palabra e que a hora de ir votar que é cando nos escoita, o pensemos mellor e cambiemos o noso voto para alguén que de verdade se preocupe pola cidadania e non se faga o xordo cando se queira falar con él. Moitas grazas e perdoe se o molestei pero mais molestos estamos os veciños vendo que non se fai nada por nós