Top

A depuradora de Agrón xa funciona

3 August, 2008

A Estación Depuradora de Augas Residuais de Agrón xa funciona. As obras de construción remataron a mediados do ano. A EDAR daralle servizo a máis dun milleiro de habitantes de Agrón, Lens e Trasmonte, se ben ten capacidade para tratar as augas residuais de máis de dous mil.

A depuradora incluíase no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña 2005, cun orzamento superior aos 377.000 euros no que tamén entraba parte da rede de saneamento da parroquia de Agrón. A obra foi financiada na súa mayor parte polo Ministerio de Administracións Públicas e pola Deputación provincial. Ademais, a empresa adxudicataria do concurso de construción da depuradora rebaixara o prezo de licitación en 80.000 euros. A EDAR foi concibida no seu día con vistas ao crecemento da poboación no futuro, de aí que a súa capacidade prácticamente duplique o número de habitantes da zona. Xa no seu día, decidírase modificar o proxecto inicial para incrementar a capacidade da planta, a calidade do procesamento das augas residuais e tamén o tipo de construción para un mantemento máis barato.

Entre o proceso de construción e a súa posta en funcionamento, o Concello de Ames continuou co saneamento da zona. A entrada en funcionamento permitirá reducir a carga de contaminantes do vertido e convertelo en inocuo para o medio. O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, manifestou ao respecto que «coa posta en marcha damos cobertura á zona norte do Concello na depuración de augas fecais».

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom