Top

GALICIADIXITAL achegou os últimos avances tecnolóxicos a Ames

4 August, 2008

galiciadixital.jpgOs visitantes gozaron cunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnoloxías aplicadas ao mundo audiovisual de xeito lúdico.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu recentemente a exposición itinerante GaliciaDixital, organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración co Concello de Ames. Con ela os veciños puideron achegarse aos últimos avances tecnolóxicos. A Secretaría Xeral de Comunicación marcouse dous obxectivos coa exposición. Dunha banda, conseguir que os visitantes gozaran cunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnologías aplicadas ao mundo audiovisual de xeito lúdico. En segundo lugar, a mostra foi escaparate e ponte natural entre o traballo que están a desenvolver as universidades e as empresas galegas co resto da sociedade. A mostra, á que asistiron numerosos veciños de Ames e arrededores, estivo pensada para que os seus visitantes non foran simples espectadores, senón que participaran en todo o seu percorrido, o que fixo que fose de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades.
Arte e tecnoloxía A exposición ofreceu unha convergencia entre arte e tecnoloxía. Tivo como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e universidades galegas. As novas tecnoloxías introduciron ao visitante nunha atmosfera especial que amosou unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolveron ao visitante e que lle permitiron gozar dunha experiencia nova e divertida. A exposición ofreceu proxeccións e xogos en 3 dimensións,  un tiraboleiro virtual, unha viaxe aérea pola nosa comunidade, e o can de fala galega Axóuxere, entre outros.

A exposición Galiciadixital foi entrada gratuíta e estivo na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o 13 de xullo. A mostra é unha réplica da exposición permanente Galiciadixital situada no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, pola que xa pasaron máis de 450.000 visitantes.

Por: Manuel Maceiras / Fotos: Fernando Rivas

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom