Uns 300 nenos e nenas gozaron no mes de xullo da Escola de Verán
4 August, 2008
Pasar o verán acompañado do seus amigos é o soño de calquera neno e nena. Na Escola de Verán de Bertamiráns e do Milladoiro, os preto de 300 nenos e nenas viron como seu soño se fixo realidade. Durante os meses de xullo e agosto estes cativos gozan da compañía de seus amigos e as múltiples actividades que ofrece a Escola de Verán. Trátase dunha actividade que organiza a Concellaría de Educación e Servizos Complementarios co obxectivo de axudar a eses pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar.
Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos e as actividades desenvólvense de 7.30 a 16 horas de luns a venres. Aínda así, estes horarios contemplan diferentes franxas para axeitarse ás diferentes necesidades dos pais e nais. Ofrécese ademais servizo de transporte e de almorzo e comedor opcional. Os cativos estan vixiados durante todo o tempo por varios monitores. Neste programa os nenos e nenas pasan unhas horas entretidos realizando actividades lúdicas sen esquecer a compoñente da aprendizaxe. Os nenos gozan a diario dun programa do máis variado, que conta con xogos, obradoiros e obradoiros de manualidades. A Escola de Verán rematará ca celebración dun festival.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?