Top

Denegan definitivamente a licenza de obra para construír a gasolinera en Bertamiráns

8 octubre, 2008

A administración local de Ames pon fin á polémica xurdida ao redor da solicitude de licenza presentada pola empresa Estación de Servicio da Peregrina S.L. para construír unha gasolinera na avenida da Peregrina de Bertamiráns. A Xunta de Goberno Local denegou esta licenza en base a informes técnicos e xurídicos do departamento de urbanismo claramente desfavorables. Dende o primeiro momento, o Concello de Ames anunciara o seu rexeitamento á construción dunha gasolinera. De feito, o alcalde de Ames, Carlos Fernández, sempre falou da súa negativa a permitir esta instalación Pero para poder denegar a licenza era necesario xustificalo con informes de urbanismo e levar a concesión ou denegación ao órgano local competente. Así, despois duns meses nos que algúns grupos quixeron crear polémica dando a entender que o Concello podería outorgar a licenza de obra, a Xunta de Goberno local acordou rexeitar a solicitude. A empresa Estación de Servicio da Peregrina presentou o 2 de abril un escrito no rexistro municipal para solicitar unha licenza para a construción dunha gasolinera. A parcela proposta pola empresa, segundo os informes dos
técnicos municipais, está clasificada polo PXOM como solo rústico que deberá ter un uso principal residencial. Pero este non é o único impedimento, xa que os terreos, situados na avenida da Peregrina están en fronte da gardería municipal e preto da urbanización A Peregrina, a zona polideportiva municipal, os colexios e o IES de Ames.O acordo adoptado significa o punto e final do proceso a nivel municipal. Aínda así, a última decisión está na Dirección Xeral de Urbanismo, organismo dependente da Consellería de Política Territorial. Polo tanto, o Concello trasladaralle o expediente á Xunta, incluíndo tamén todas as alegacións presentadas así como os informes técnicos e xurídicos municipais para continuar cos trámites.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom