Top

Novas dependencias para a Garda Civil en Milladoiro

8 October, 2008

cuartel.jpg 

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o Capitán da Terceira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José María Eceiza, fixeron efectiva a sinatura do convenio na Casa do Concello. No acto tamén estivo presente o Comandante de Puesto Principal do Milladoiro, José Manuel Leis. O acordo establece a entrega das novas dependencias da Garda Civil, que complementarán ao local actual para ofrecer un mellor servizo. A administración local correrá a cargo do aluguer por un período de dous
anos, sendo a Dirección Xeral da Garda Civil quen se faga cargo da renda a partir de entón. A propia Garda Civil, a través dos orzamentos asignados á Comandancia de A Coruña, farase cargo das obras de acondicionamento do novo local.

A Garda Civil conta, desde xullo de 2001, cun local onde desenvolve as súas tarefas no Milladoiro. O aumento da poboación nos últimos sete anos, asi como a demanda do Concello e a receptividade do Ministerio do Interior, provocou que a plantilla pasara de 12 aos 32 efectivos cos que conta na actualidade. Un incremento que se fixo moito máis notorio no último ano e medio, pasando de 17 a 24 efectivos nun primeiro momento, de 24 a 29 con posterioridade, ata alcanzar os 32 gardas na actualidade. As perspectivas, ademais, son de chegar aos 40 efectivos a medio prazo. Un dato que fala por si mesmo da necesidade que existía de ampliar as dependencias da Garda Civil, mentres se acomete a construcción do novo cuartel prevista para dentro de dous anos.

A falta de espazo derivou nos últimos tempos en situacións case esperpénticas. Os efectivos vense na obriga de compartir taquillas. A sala de agarda apenas deixa lugar á intimidade e privacidade. No actual local, duns 70 metros cadrados de superficie, desenvólvense as tarefas de atención á cidadanía, investigación e prevención. Unha vez se leven a cabo as reformas das novas dependencias, o actual local permitirá dar un servizo máis cómodo e persoal.

A atención ao cidadán establece un contacto directo coa veciñanza. Neste ámbito traballan un sarxento e seis gardas, dos que dous se adican de forma exclusiva á violencia de xénero. Trátase do único posto da Comandancia con persoal adicado de forma exclusiva a este sector. En relación á violencia de xénero, a Garda Civil do Milladoiro fai un seguimento e evollución das vítimas,
con numerosas entrevistas, ademais dun control dos agresores.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom