Top

O Concello contrata unha técnica de urbanismo para aplicar as normas do Hábitat

8 octubre, 2008

A nova técnica de urbanismo asesorará ás persoas que constrúan a súa vivenda no marco das normas do Hábitat co fin de facilitar a súa comprensión e cumprimento. Ao fío da nova conxuntura é destacable que o 100% das solicitudes para construír vivendas colectivas en Ames no que vai de ano realizáronse dende a publicación no DOG das normas do Hábitat o 17 de xaneiro. Estes datos falan dunha indiscutible influencia das novas normas de habitabilidade sobre o urbanismo amiense. O
cambio notouse claramente nas vivendas en edificio colectivo, xa que as promotoras coñecedoras das modificacións que ía supoñer a nova lexislación apuraron os trámites para realizar a solicitude. De feito, dende a entrada en vigor das normas o 17 de abril deste ano non chegou ningunha solicitude de licenza para vivendas en edificio colectivo e si entraron 10 peticións de permiso de obra para vivendas unifamiliares.

As normas do hábitat obrigan a cambiar conceptos. Algunhas das modificacións destacables son que todas as vivendas deberán ser exteriores, ao mesmo tempo que se amplían as superficies útiles perdendo terreo aproveitable e reducindo o número de vivendas nunha mesma superficie. Cambia a configuración dos espazos interiores, as dotacións mínimas de instalacións na vivenda, e é necesario aplicar medidas de aforro enerxético e reciclaxe, como a dotación dun sistema de reutilización de augas pluviais e grises. As tarefas da técnica serán asesoramiento técnico aos afectados, confección de informes para a tramitación das licenzas de edificación e o control no cumprimento destas licenzas de primeira ocupación. Para iso, a administración local conta cunha subvención da Consallería de Vivenda.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom