Top

O Concello desenvolverá un plan de mellora do comercio local

octubre 8, 2008

A Concellaría de Promoción Económica porá en marcha un conxunto de actuacións en diferentes eidos para dinamizar o sector comercial de Ames. Para iso, a administración local conta cuns 60.000 euros, que proveñen de dúas subvencións diferentes, unha da Consellaría de Innovación e Industria e outra da Deputación. O departamento de Promoción Económica contará cun xestor dinamizador que estará permanentemente centrado en desenvolver tarefas orientadas a impulsar, modernizar e fortalecer a actividade comercial. Esta persoa manterá unha dinámica de contactos directos cos comerciantes, o cal lle permitirá coñecer moi de preto as súas necesidades. A información recabada será útil para deseñar en conxunto medidas e actuacións beneficiosas para este colectivo. Estas visitas periódicas tamén servirán para elaborar unha guía comercial. Ademáis, se porá en unha campaña de promoción do galego no pequeno comercio. Unha ferramenta básica para mellorar o comercio será a realización dun estudo que analice a situación actual do comercio. O diagnóstico permitiralle ao Concello avaliar, de forma global, o estado de actividade comercial, as
súas problemáticas, carencias e aspectos positivos e tomar despois medidas ao respecto para contribuír así á mellora do sector comercial en Ames Dentro da mesma convocatoria o Concello obtivo uns 13.000 euros para instalar farois en dúas rúas comerciais do Milladoiro. Así, colocaranse 24 novos farois na rúa dos Pardiñeiros e na rúa da Raxoeira. Tamén se colocarán 10 papeleiras.

Te ha gustado? Compártelo:

Millonario y perezoso

octubre 8, 2008

Por: Félix Lázaro

Yo, lo confieso, también pensaba escribir sobre la crisis pero me he dado cuenta que eso sería una vulgaridad, porque a estas alturas de la película no hay hijo de vecina que no se atreva a meterle malo a la bicha. Pues va resultar que no, que al mal tiempo buena cara. Y por esto voy a dedicarles estas líneas a los pobrecitos ricachones, que son los que están sufriendo realmente. Me produce vértigo leer cada día las ingentes cantidades de euros que pierden estos señores, como consecuencia de sus enjuagues bursátiles, algo que ni a ustedes, ni a mí, nos importa un pimiento. Que sufran ellos, que también son los que lo disfrutan. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Tempo a cambio de tempo

octubre 8, 2008

Os cartos non o poden mercar todo. No caso do banco de tempo que pretende iniciar o Concello de Ames as persoas dunha comunidade poderán intercambian habilidades, coñecementos e servizos. Trátase dun sistema de contraprestación no que en lugar de haber cartos polo medio ou calquera outro compoñente material dáse e recíbese tempo. Aínda que o banco de tempo como tal é de recente creación, é unha dinámica que ten moitos anos de tradición e que se vén desenvolvendo sobre todo no rural de xeito totalmente espontáneo. As colaboracións na matanza dun veciño a cambio de recibir axuda na recollida de patacas poden ser un exemplo moi claro de prestar o tempo a cambio de tempo. O Concello contratou unha psicóloga que será a encargada de xestionar e administrar o banco do tempo. Agora mesmo a especialista atópase nunha fase de creación dunha base de datos. As persoas que desexen participar ou simple- mente informarse poden achegarse ata a Casa da Cultura de  Bertamiráns en horario de mañá. Unha persoa pode acudir a este banco demandando un determinado servizo e ofrecéndose do mesmo xeito a realizar determinadas tarefas. Un participante pode ofrecerse a acompañar a unha persoa maior e solicitar que alguén axude ao seu fillo a facer os deberes,  polo que se vai creando unha rede de relacións que ademais é moi positiva porque aumenta o grao de socialización dos participantes. O banco do tempo proponse como unha posible solución aos problemas que teñen moitas mulleres para desenvolver ao mesmo tempo o traballo fóra e dentro da casa. A pesar da novidade desta iniciativa, trátase de medidas que están funcionando con éxito en países como Italia ou Francia.

Te ha gustado? Compártelo:

Máis de 800 amienses renovan a súa praza para os obradoiros culturais e as escolas deportivas

octubre 8, 2008

A Concellaría de Cultura publicou en setembro o programa de obradoiros culturais e escolas deportivas que ofrece o Concello de Ames para a tempada 2008-2009. Durante unha semana os e as amienses que xa estiveron matriculados na edición anterior pudieron realizar a renovación da matrícula. A oferta de máis de 20 actividades para todos os gustos e todas as idades foi motivo suficiente para que 813 amienses non se quixeran perder esta nova edición. Dos 813  matriculados, 578 están apuntados nas escolas deportivas, sendo o baloncesto, o fútbol e o tenis os deportes máis solicitados. Nos obradoiros culturais os cursos de manualidades e de baile e música tradicional lideran o ranking. En total, 235 persoas se apuntaron ata agora nos obradoiros culturais. Estes datos hai que analizalos tendo en conta que existe unha maior oferta de escolas que de obradoiros.

Te ha gustado? Compártelo:

Catro obras do POS 2008 xa están adjudicadas

octubre 8, 2008

Xa coñecemos os nomes das empresas encargadas de desenvolver catro obras enmarcadas no Plan de obras e servizos da Deputación. As dúas últimas en adxudicarse foron na parroquia máis beneficiada do POS deste ano, a de Agrón. Unha delas é a construción do colector xeral de saneamento da Pontenova á Garea, que realizará a empresa Espina y Delfín por un importe duns 113.000 euros. O proceso de licitación se presentaron 15 empresas. A empresa Xestión Ambiental de Contratas resultou adxudicataria das obras de condicionamento  do campo da festa de Biduído. O prezo de adxudicación quedou en preto de 131.000 euros. As xestións doutros dous proxectos de saneamento en Agrón están máis avanzadas. EXOGA foi a adxudicataria da construción dos colectores xerais en dous tramos como son da Agarea a Calo e de Calo á Igrexa. A prinicipios do mes o alcalde de Ames, Carlos Fernández, asinara os contratos con José Manuel Miñones, o representante da empresa. A única obra que queda sen licitar é a do proxecto de saneamento e abastecemento de Firmistáns. O Concello convocou a cinco empresas nun procedemento negociado e dúas deles presentaran as súas ofertas. A Mesa de Contratación xa  avaliou as propostas económicas e agora estase agardando polos informes técnicos para poder levar a Xunta de Goberno a mellor oferta. O proxecto consiste na canalización de 864 metros de tubaxes de PVC e 474 de tubaxes de polietileno para abastecemento coa correspondente valvularía e arquetas de aloxamento.

Te ha gustado? Compártelo:

El BNG pide una dársena segura para el transporte escolar en Agro do Muiño

octubre 8, 2008

El inicio del curso escolar ha puesto de nuevo sobre la mesa los problemas de los colegios. A través de un comunicado,el BNG denunció recientemente «a falla de previsión do goberno local», la cual ha provocado que «os centros comecenen obras». Así, en el caso del CEIP Bispo Guerra Campos «a comunidade educativa segue agardando a construcción do derradeiro treito de beirarrúa que conecte este centro co núcleo de Bertamiráns», indicaron. Hace un año, el pleno municipal aprobó «a proposta do BNG para executar esta infraestrutura. Naquel entón, o PSOE votou en contra desta moción e agora, un ano despois e co curso escolar comezado, o goberno anuncia o comezo desta obra, feito que certifica, ademáis da lentitude e da falla de previsión, unha indiferencia absoluta pola seguridade da comunidade escolar», manifestaron. Además, el BNG recordó que algo parecido ocurre con el comedor de este centro, «no que se comezou a obrar hai escasos días sen ter en conta o calendario escolar,ou no novo comedor do CEIP de Ventín, que se adxudicou en marzo de 2007 e que debería estar en funcionamento dende o comezo deste curso escolar». Finalmente, los nacionalistas señalaron que en el caso del centro de Agro do Muiño los autobuses de transporte escolar no cuentan con una dársena para estacionar con seguridad. Por su parte, fuentes del Ayuntamiento declararon a este medio que el proyecto del colegio incluye la dársena, pero se está pendiente de una venta de terrenos para poder ejecutar la obra.

Te ha gustado? Compártelo:

Escoba de plata

octubre 8, 2008

O Concello acaba de recibir o premio Escoba de Plata,pero hai un lugar de Bertamiráns, concretamente o parque que está xunto á piscina municipal no que o lixo se acumula polo chan onde xogan os nenos. Quizais aos encargados de avaliar a este municipio esquéceselles pasar por alí. Javier Figueiredo.

Hai determinadas zonas do noso territorio que non están, de momento, baixo a competencia do Concello. Así ocorre coa zona que rodea a piscina municipal, esa dos edificios con módulos de coloríns na fachada. Este sector foi promovido por unha entidade privada que ten que entregarllo ao
Concello unha vez completadas as obras de urbanización totalmente, e cos servizos completos e en estado de funcionamento. A partir de aí, o Concello empezará co mantemento, limpeza viaria, recollida de lixo, etc. Pero, de momento, esta zona aínda non entra nas obrigas municipais.

Te ha gustado? Compártelo:

Arranca la Escola Integral de Maiores

octubre 8, 2008

Todo está previsto para que la Escola Integral de Maiores comience el curso. Este es el sexto año que se pone en marcha este programa, impulsado por el departamento de Sanidade, Benestar Social e Igualdade del Concello, gracias al cual muchos mayores del municipio amiense aprenden a leer, escribir, hacer pequeñas operaciones matemáticas u obtener nociones básicas. Las clases serán impartidas por dos voluntarias y comienzan el 15 de octubre. El objetivo es ayudar a estar personas a desenvolverse en el día a día. Además de las clases propiamente dichas, se llevarán a cabo charlas, salidas culturales y excursiones. Los alumnos se repartirán en dos grupos y las clases se llevarán a cabo los miércoles y viernes: un grupo de 16 a 17 horas, y el otro de 17 a 18 horas. La Casa da Cultura de Milladoiro ha sido el sitio elegido para llevar a cabo el curso. Arranca la  Escola Integral de Maiores

Te ha gustado? Compártelo:

Aprobada a cesión de dúas parcelas á Xunta para a construción de vivenda pública

octubre 8, 2008

A cesión de dúas parcelas á Consellería de Vivenda e Solo nas que se poderán construír 74 pisos de promoción pública no Milladoiro marcou o primer pleno tras o verán. A proposta facía referencia a dous terreos contiguos situados no Milladoiro, concretamente no S-16 Galdrachán, un sector onde tamén se construirá o futuro instituto da mesma localidade. En total teñen unha superficie duns 2.000 metros cadrados e unha edificabilidade duns 7.000 metros cadrados. Os terreos están cualificados como parcelas destinadas á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública. Neste caso, a proposta da alcaldía pretendía que foran destinados a vivendas de promoción pública, aquelas que teñen un prezo e unhas facilidades de adquisición axeitadas aos colectivos que teñen máis problemas para mercar unha vivenda. O voceiro do grupo municipal do BNG, Xosé Manuel Fernández, manifestou que «por unha banda estamos satisfeitos de que veña a
pleno esta proposta porque é certo que a propia Consellaría de Vivenda puxo todo o interés para facer vivenda de  promoción  pública en Ames desde 2006. Pero tamén temos que lamentar que non teña vido moito antes xa que, a día de hoxe, ao mellor xa estarían iniciadas as obras se se ofertaran antes». O concelleiro do grupo municipal do PP, Ramón Argibay, indicou que «somos partidarios de que se fagan o maior número de vivendas de promoción pública aínda que pensamos que se debería ter feito moito antes. Botamos de menos máis comunicación entre o Concello e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, porque ao mellor era máis a demanda». O alcalde de Ames, Carlos Fernández, respondeu que o Concello si notificara á Xunta por escrito a súa oferta de solo, se ben ese ofrecemento non obtivo resposta. Tamén engadiu que a proposta se plantexaba no momento adecuado e que «o primeiro paso que é necesario dar e que un concello tome a iniciativa de poñer solo a disposición do organismo autonómico competente. Ames non vai quedar orfo». O punto aprobouse, finalmente, por unanimidade de todos os grupos.

Te ha gustado? Compártelo:

El PP solicita que se reunan la Xunta y el Consello Local de Seguridade

octubre 8, 2008

El pasado día 16 de mayo el PP presentó en el Registro Xeral del Concello una moción para la «redefinición e impulso da Xunta Local e Consello Local de Seguridade». La moción, según señalan en un escrito dirigido a los medios, «non foi debatida no pleno de maio porque o alcalde non a incluíu na orde do día, situación que se está mantendo durante os últimos meses». Los populares recuerdan que según el Regulamento da Xunta Local de Seguridade «a Xunta realizará reunións ordinarias e extraordinarias; as primeiras cunha periodicidade mínima trimestral e as segundas cando así o determine o subdelegado de Goberno na Provincia ou o alcalde». Y en referencia al Consello Local de Seguridad «di que se reunirá, alomenos, con periodicidade trimestral». Tras examinar las actas de los tres últimos años, el PP asegura que han observado que sólo se han celebrado tres reuniones, todas ellas en el año 2004, por lo que ya convocaron al pleno a formar una comisión informativa especial para impulsar la Xunta y el Consello Local de Seguridade, así como a nombrar a los integrantes de las mismas.

Te ha gustado? Compártelo:

« AnteriorSiguiente »

Bottom