Planta potabilizadora
8 octubre, 2008
Fala o señor alcalde dunha planta potabilizadora en Pontemaceira, pero para quen ¿para Ames ou para Negreira? Creo que antes de facer obras desa envergadura necesitamos ampliar a depuradora de Ortoño que se quedou pequena. O alcalde cobra ata 150.000 euros aos construtores para a ampliación, di, de dita depuradora. Se sacamos contas de todos os edificios novos que se construíron, non só se podería ampliar a depuradora senón construír dúas máis. ¿Onde vai o diñeiro que lles cobra aos construtores? Albert Rodríguez.
A planta potabilizadora é, fundamentalmente, para Ames, que xa ronda os 27.000 habitantes e non ten ben cuberta esta necesidade nin a tivo nunca. Recorde os cortes no suministro cando, hai aínda pouco tempo, nos suministrábamos de Teo. Tamén servirá auga a Brión, Concello limítrofe e que tamén necesita deste servizo. Nada ten que ver que fagamos un abastecemento de auga tan necesario, coa depuradora de augas residuais de Ortoño e as súas futuras necesidades de ampliación. Son dúas cousas completamente distintas e, no mellor dos casos, complementarias. Aínda non se cobrou cantidade algunha ás empresas promotoras para dotación dos necesarios servizos públicos para as vivendas que
eles constrúen. A obriga de contribuír a estes servizos ven determinada polo Plan Xeral (que non foi aprobado por este Goberno nin por este alcalde, por certo). Si os promotores que obteñen un lucro moi importante coa construción e venta das vivendas non sufragar os servizos necesarios, ¿quen os
debe sufragar? ¿Os veciños e veciñas que non obteñen lucro algún? ¿Debemos pagar entre todos estas infraestruturas que se fan necesarias para uns desenvolvementos que benefician
economicamente a uns poucos?







Comentarios
¿Tienes algo que comentar?