Top

Bo Nadal

4 December, 2008

Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames

Un ano máis a revista Directo Ames bríndame a oportunidade de felicitar nestes días tan entrañables a todos os veciños e veciñas do noso concello, e a todos aqueles que por motivos familiares se atopan nestas datas entre nós.

Como alcalde e como representante da corporación municipal é para min unha enorme satisfacción manifestarlles tanto o noso sincero afecto, coma os nosos mellores desexos, para que neste nadal sexan colmados de felicidade e poidan gozar cos seus seres máis queridos, compartindo con eles a ledicia, a prosperidade e a ilusión que un novo ano debe traer consigo.

Aproveito para convidalos a participar da ampla programación que temos preparada dende o Concello, e que nos permitirá gozar a cativos e maiores das distintas actividades lúdicas que se ofrecen.

Por último agradecerlles a todos e a todas, a súa participación e desexarlles que pasen un Bo Nadal na compañía dos seus, e que o vindeiro ano veña cargado de sacos cheos de felicidade, de paz e de boas intencións para todos. Felices Festas.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom