Feliz 2009
4 December, 2008
Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG
Un ano máis DA ofrécenos a oportunidade de felicitar o Nadal aos veciños e veciñas de Ames. Por iso, primeiramente quero desexerlles a todos e a todas, no nome da xente do Bloque, un ventureiro e próspero ano 2009. Este era un ano que se agardaba con moita expectativa no eido m unicipal, porque o actual goberno presentaba os seus primeiros orzamentos en solitario, e faciao cunhas cifras que daban un pouco de vértigo: 33,5 millóns de euros. E deses, 7,5 millóns eran para facer investimentos no Milladoiro: parque recreativo central, urbanización da Travesia do Porto etc. Dende logo con que se fixese a metade do que se prometía, xa era para nota. Agora que chega o Nadal, e os Reis Magos, e visto o visto, eu coido que algúns fixeron méritos suficientes para levar para a casa varios carros cargados de carbón. Seguro que os Reis llos van traer. E despois da eliminación do proxecto do parque recreativo do Milladoiro ainda lles van traer máis.
Como non queríamos que a nós nos trouxesen carbón, percuramos portarmonos ben, e por iso fixemos moitas propostas: para a mellora do transporte público, aparcadoiros provisionais en Milladoiro e Bertamiráns, local social en Ortoño, acondicionamento da Travesia do Porto… Ademais xa lles escribimos unha carta para que consigan que o goberno municipal nos inclua as mocións nos plenos. Tamén, pensando nos regalos que teñen que entregar aos rapaces de Ames, insistimos na numeración das
casas no medio rural. Pero cremos que van ter que seguir empregando o GPS.
Unha felicitación especial é para os xubilados e pensionistas do Milladoiro que axiña van ter un local social para facer as súas actividades e que será novo lugar de encontro da xente maior. Para eles e elas, e tamén para toda a xente de Ames, o dito, os do BNG desexámosvos un feliz, próspero e ventureiro ano 2009.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?