Feliz aninovo
4 diciembre, 2008
Santiago Amor
Portavoz municipal do PP
As festas do Nadal xa están aquí un máis. É tempo de facer balance do ocorrido durante o ano e unha “lista” bos propósitos para o 2009, e como sendo habitual DirectoAmes convídame a facelo.
O 2008 deixa moitos propósito cumpridos pero tamén moitos sen cumprir. o ano do I Congreso do PP de Ames, Foi o ano da participación e o ano onde os nosos militantes mostraron a súa forza para a consolidación do noso proxecto como alternativa fronte a un PSOE sen ideas, sen dirección e polo tanto sen rumbo. Nos, a pesares de todos os atrancos, soubemos estar a altura das circunstancias e a altura dos intereses dos cidadáns de Ames.
Na vida municipal poucas cousas mudaron con respecto aos catro anos anteriores. Os nacionalistas foron complices silenciosos das máis erradas decisións que se tomaron no noso Concello, como si non se explica o apoio en forma de abstención do BNG aos socialistas nos orzamentos más inflados da historia de Ames. A pesares de que se dixo que este ía ser o ano do Milladoiro, no que segundo os orzamentos se investirían máis de 7 millóns de euros, observamos que a falla duns poucos días para rematar o 2008, o investido son cero euros. A publicación pagada por todos nos “O Milladoiro, o que está por ver” transformouse nunha gran mentira. O instituto, o novo centro de saúde, o cuartel da Garda Civil, a galescola… En definitiva, os máis de 12 millóns de euros que se reflectían nos orzamentos para realizar investimentos no noso Concello quedaronse nun “bluf”, tal e como advertimos o pasado mes de febreiro cando se discutiron os orzamentos.
Tan só me queda pedirlle por carta a Papa Noel e aos Reis Magos de Oriente que se fagan todas as inversións pendentes, pedirlle tamén que para o ano 2009 o alcalde se dedique a traballar, despois de gozar dun ano sabático. En nome de todos os que formamos o grupo municipal e o PP de Ames, so me queda amosar o máximo agradecemento polo apoio amosado e desexarvos que na compaña dos vosos seres máis queridos pasedes unhas boas festas do Nadal e un feliz aninovo.







Comentarios
¿Tienes algo que comentar?