Top

Concédese a licencia de obra para a construción do Cuartel da Garda Civil

13 febrero, 2009

cuartel.jpgA Xunta de Goberno Local acordou aprobar a concesión da licencia de obra para construír o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro. O proxecto divídese en dous edificios, un de vivendas e outro adicado a dependencias. A parcela onde se ubicará a edificación proxectada conta cunha superficie de 2.810 metros cadrados. O edificio de residencias estará composto por 20 vivendas, doce de tres dormitorios na planta alta e oito de un dormitorio na planta baixa. No sótano irán as prazas de garaxe e os trasteiros. No segundo edificio estarán situadas as dependencias onde operará o corpo da Garda Civil. Neste caso farase unha división en horizontal das dependencias debido ao carácter público ou privado das distintas oficinas. O feito de colocar todas as oficinas de atención ao público só na planta baixa permite a posibilidade de non dispoñer de ascensor neste local. Os dous edificios estarán separados por un espacio de cinco metros no que haberá unha praza central. Tamén se dotará ao entorno destes edificios de diversas zonas verdes. As obras de construción dos dous locais serán levadas a cabo pola empresa Tragsa. O alcalde manifestou que se non hai retrasos, a construción pode realizarse nun prazo aproximado de quince ou vinte meses, o que permitiría que o cuartel estuviese rematado en 2010.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom