Top

Comeza o IV Certame Literario Concello de Ames

17 April, 2009

certamen-literario.jpgO Pazo da Peregrina de Bertamiráns foi o lugar escollido para levar a cabo a presentación da VI edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura e Deportes, Francisco Villaverde, quen explicou os puntos máis importantes das bases deste certame. O tema é libre. Ao igual que en anos anteriores, son tres as categorías existentes en cada modalidade. Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos poden participar na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 18 anos e a terceira ás persoas de máis 18 anos. Haberá tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as modalidades, que serán de 120 euros, 90 euros e 60 euros na primeira categoría, 150 euros, 120 euros e
90 euros na segunda e 210 euros, 150 euros e 120 euros na terceira.

Todas as persoas que desexen participar no certame deberán enviar antes do 20 de abril de 2009 catro exemplares do seu texto, en folios mecanografados por unha soa cara e a dobre espazo ao enderezo: Concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística), Avda de Azcárraga nº5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña. A extensión mínima será de 2
Comeza o VI Certame Literario Concello de Ames páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. Nos textos non poderán aparecer os datos do autor ou autora nin a súa sinatura. Así, en cada un dos catro exemplares enviados terá que figurar a modalidade na que participa (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora. Para garantir o anonimato, os participantes terán que introducir os seus datos persoais (nome e apelidos, idade, fotocopia do DNI, enderezo e número de teléfono) nun sobre pechado no que, por fóra, figure o pseudónimo e o título do traballo.

O xurado do certame estará formado por tres membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura e a súa decisión anunciarase publicamente o 15 de maio de 2009 e os premios entregaranse o 17 de maio de 2009 nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro. O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa patrocinadora do certame, publicará os traballos  premiados nunha antoloxía. Ademáis, organizouse un concurso paralelo dirixido aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de
primaria. A temática xirará nesta primeira edición arredor da lingua e das novas tecnoloxías.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom