Top

Máis de 5.000 metros para o novo centro de saúde do Milladoiro

17 abril, 2009

A notaria de Ames foi o lugar escollido pola administración local e o Sergas para proceder a firma da escritura pública, pola cal se cede unha parcela á Consellería de Sanidade, para a construción do novo centro de saúde do Milladoiro. No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o director xeral da división de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde, Francisco País López. Coa firma da escritura a Consellería de Sanidade poderá comezar co proxecto para a construción do novo centro de saúde. Despois de ser aprobada a cesión pola corporación municipal, no pleno do pasado 24 de abril de 2008, a Consellería de Sanidade, comezou cos pertinentes trámites do proxecto. O pasado 19 de febreiro o Consello da Xunta de Galicia aprobou o acordo para a aceptación da cesión á título gratuíto, ao Servizo Galego de Saúde, desta parcela. O investimento total estimado que realizará o Servizo Galego de Saúde no centro de saúde do Milladoiro situase en torno aos 2,1 millóns de euros. A parcela que se cedeu dende o Concello de Ames ten unha superficie de 5.002 metros cadrados, en forma poligonal, e esta ubicada no sector urbanizable denominado Travesía do Porto Sur.

O centro do Milladoiro, que está previsto que atenda a unha poboación futura de 15.000 habitantes, contará con sete consultas de medicina xeral, sete de enfermería, unha consulta para matronas, unha sala de educación maternal, dúas consultas de odontoloxía, unha para o traballador social, unha sala de mostras, unha para a realización
de cirurxía menor, e cinco consultas polivalentes. Tamén terá consulta de fisioterapia, dúas consultas de pediatría e unha consulta de enfermería de pediatría. Ademais, contará con arquivo de historias clínicas e sala de xuntas e biblioteca, entre outras dependencias.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom