Top

Os Concellos da comarca comprométense coa recuperación do Río Sar

17 abril, 2009

rio-sar.jpg O Pazo do Peregrina acolleu recentemente unha reunión entre representantes dos concellos de Santiago, Ames, Brión, Rois, Padrón e Dodro, e Jorge Santiso, Secretario Xeral da Consellaría de Medio Ambiente e Presidente de Augas de Galicia, para falar do proxecto «Corredor Verde do Sar», un plan de recuperación integral do sistema fluvial do río Sar. Mediante este proxecto preténdese acabar coa degradación do río e crear un corredor verde dende Compostela á Ría de Arousa, pasando por Ames. Sobre este asunto, o alcalde de Ames, Carlos Fernández, destacou que «xa se leva traballando na mellora do río Sar dende hai varios anos, pero de forma individualizada. Agora o que se pretende é coordinar os traballos que realizan os concellos de xeito independente, para levar a cabo accións conxuntas».

Obxectivos
Preténdese recuperar e consolidar o sistema fluvial (mellorar o cauce e as marxes do río, mellorar a calidade da auga, recuperar a vexetación e a fauna). Tamén se procederá ao acondicionamento de espazos de uso público como poden ser as sendas para peonís, as vía ciclabe ou as áreas recreativas. A recuperación dos elementos etnográficos do lugar tamén será un dos procesos que se pretenden acometer xunto coa sinalización e promoción do Corredor verde do Sar. Na mellora da calidade das augas terá unha vital importancia a nova depuradora que se vai construir en Santiago. Compre destacar que todas as actuacións que se realicen na morfoloxía do terreo serán sempre mínimas. Polo tanto, respectaranse as zonas inundables e empregaranse materiais naturais como poden ser a pedra, a zahorra ou a madeira. No que se refire ao aspecto económico, compre destacar que se destinarán arredor de 25.000 euros para executar este proxecto. En marzo
de 2006 os alcaldes dos seis concellos asinaron un convenio para a elaboración dun estudo sobre a situación do río Sar. Ese documento serviu como base para que cada concello solicitase a declaración do seu tramo de río como Espazo Natural de Interese Local.

Brigada de xestión forestal
O Concello de Ames tamén está a traballar no coidado e mantemento dos
montes e para elo despois de nove meses de traballo a brigada de xestión forestal rematou cos traballos de limpeza, tala e repoboación en todas aquelas parcelas incluídas nas franxas de especial protección. O último proceso que se levou a cabo foi o de repoboación. Estes traballos só se fixeron nos terreos daqueles propietarios que asinaron un convenio co Concello no 2008. A repoboación realizouse con castiñeiros, cerdeiras e carballos. Este proceso levouse a cabo nun total de 20.000 metros cadrados de terreo e nel plantáronse 1.500 plantas.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom