Máis de 5.000 metros para o novo centro de saúde do Milladoiro
April 17, 2009
A notaria de Ames foi o lugar escollido pola administración local e o Sergas para proceder a firma da escritura pública, pola cal se cede unha parcela á Consellería de Sanidade, para a construción do novo centro de saúde do Milladoiro. No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o director xeral da división de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde, Francisco País López. Coa firma da escritura a Consellería de Sanidade poderá comezar co proxecto para a construción do novo centro de saúde. Despois de ser aprobada a cesión pola corporación municipal, no pleno do pasado 24 de abril de 2008, a Consellería de Sanidade, comezou cos pertinentes trámites do proxecto. O pasado 19 de febreiro o Consello da Xunta de Galicia aprobou o acordo para a aceptación da cesión á título gratuíto, ao Servizo Galego de Saúde, desta parcela. O investimento total estimado que realizará o Servizo Galego de Saúde no centro de saúde do Milladoiro situase en torno aos 2,1 millóns de euros. A parcela que se cedeu dende o Concello de Ames ten unha superficie de 5.002 metros cadrados, en forma poligonal, e esta ubicada no sector urbanizable denominado Travesía do Porto Sur.
O centro do Milladoiro, que está previsto que atenda a unha poboación futura de 15.000 habitantes, contará con sete consultas de medicina xeral, sete de enfermería, unha consulta para matronas, unha sala de educación maternal, dúas consultas de odontoloxía, unha para o traballador social, unha sala de mostras, unha para a realización
de cirurxía menor, e cinco consultas polivalentes. Tamén terá consulta de fisioterapia, dúas consultas de pediatría e unha consulta de enfermería de pediatría. Ademais, contará con arquivo de historias clínicas e sala de xuntas e biblioteca, entre outras dependencias.
Comeza o IV Certame Literario Concello de Ames
April 17, 2009
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns foi o lugar escollido para levar a cabo a presentación da VI edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura e Deportes, Francisco Villaverde, quen explicou os puntos máis importantes das bases deste certame. O tema é libre. Ao igual que en anos anteriores, son tres as categorías existentes en cada modalidade. Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos poden participar na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 18 anos e a terceira ás persoas de máis 18 anos. Haberá tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as modalidades, que serán de 120 euros, 90 euros e 60 euros na primeira categoría, 150 euros, 120 euros e
90 euros na segunda e 210 euros, 150 euros e 120 euros na terceira.
Todas as persoas que desexen participar no certame deberán enviar antes do 20 de abril de 2009 catro exemplares do seu texto, en folios mecanografados por unha soa cara e a dobre espazo ao enderezo: Concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística), Avda de Azcárraga nº5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña. A extensión mínima será de 2
Comeza o VI Certame Literario Concello de Ames páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. Nos textos non poderán aparecer os datos do autor ou autora nin a súa sinatura. Así, en cada un dos catro exemplares enviados terá que figurar a modalidade na que participa (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora. Para garantir o anonimato, os participantes terán que introducir os seus datos persoais (nome e apelidos, idade, fotocopia do DNI, enderezo e número de teléfono) nun sobre pechado no que, por fóra, figure o pseudónimo e o título do traballo.
O xurado do certame estará formado por tres membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura e a súa decisión anunciarase publicamente o 15 de maio de 2009 e os premios entregaranse o 17 de maio de 2009 nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro. O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa patrocinadora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía. Ademáis, organizouse un concurso paralelo dirixido aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de
primaria. A temática xirará nesta primeira edición arredor da lingua e das novas tecnoloxías.
O Concello da 18.000 euros a V Expo Liquidación Val da Maía
April 17, 2009
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Promoción Económica, Úrsula Seijas, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, Mª Rosario Lago Creo, asinaron a finais de marzo o convenio de colaboración mediante o cal a administración local prestou apoio á ACB para a organización da V Expo Liquidación
Val da Maía. En total 18.000 euros para o evento que tivo lugar o 4 e 5 de abril no pavillón polideportivo de Bertamiráns. O Concello ofreciu tamén o seu apoio mediante infraestruturas, recursos humanos e servizos coma a cesión do pavillón polideportivo, o servizo de gardería, o tren turístico, o mantemento, acondicionamento e
limpeza das instalacións, maior presenza da policía municipal así como a colaboración de Ames Radio. A V Expo Liquidación foi un lugar de encontro onde mercar e vender produtos rebaixados e un pequeno avance dos desta temporada. Nela participarticiparon 27 comercios de Bertamiráns, tales como tendas de roupa, de complementos,
zapaterías, enxoval do fogar, electrónica ou fotografía dixital. Nove dos 27 expuseron por primeira vez os seus produtos nesta feira, na que se viron representados novos sectores (ocio e tempo libre, mobiliario de descanso, decoración e equipamentos para bebés).
Ante o aumento na demanda de metros cadrados dos participantes, a organización
decidiu incrementar a superficie con máis de 400 metros cadrados. Ademáis, un tren turístico percorrió as principais rúas de Bertamiráns co obxectivo de fomentar a afluencia e facilitar o acceso ao pavillón. Os servizos foron na mesma liña que en anos anteriores. Todas as persoas poideron deixar aos seus fillos e fillas na gardaría e e un parque lúdico de
200 metros.
Mellora de dúas infravivendas
April 17, 2009
A Xunta de Goberno local acordou recentemente por unanimidade adxudicar a unha empresa o contrato de obras para a reparación de dúas vivendas incluídas dentro do Plan municipal de Infravivenda. Con estas obras, xa son catro as que se concederon durante 2009, posto que hai tan só unha semana a Xunta de Goberno local aprobou o contrato de obras para a rehabilitación de outras dúas infravivendas. Este programa ten como obxectivo arranxar con criterios de habitabilidade as vivendas ou infravivendas das persoas máis necesitadas que non teñan recursos propios para levar a cabo esa
rehabilitación. As edificacións que poden acceder a este tipo de axudas son aquelas que sen reuniren as condicións mínimas de habitabilidade, son empregadas como vivendas por familias con ingresos baixos. A seguridade e as condicións hixiénico-sanitarias, xunto coa existencia dun espazo habitable suficiente e dos servizos de auga e electricidade, son
algúns deses factores que se entenden como condicións mínimas de habitabilidade e que non están presentes por completo nas vivendas que reciben as subvencións. Os importes totais aos que ascenden os presupostos presentados por dita empresa son de 5.038,37 euros para unha das edificacións e 7.815 euros para a outra. Polo tanto, destinaranse
preto de 13.000 euros máis para a mellora de dúas infravivendas de vecinos amienses.
Na actualidade son catro as obras concedidas para rehabilitar infravivendas en Ames, polo que aínda falta por adxudicar unha das cinco obras que xa se aprobaron. A estes traballos súmanse outros dous que se acordou conceder na Xunta de Goberno local. Cómpre recordar que esas obras foron concedidas a dúas empresas diferentes e que os importes
totais aos que ascendían os presupostos presentados por mencionadas empresas eran de 6.176´44 euros para unha delas e 7.238´21 para a outra. As catro obras contratadas por parte do Concello terán un custo total de 26.267 euros.
Moitas das reparacións levadas a cabo nas vivendas son moi básicas, tales como a dotación dos servizos básicos de auga quente ou luz eléctrica. Para acceder a este tipo de axudas, o plan especifica unha serie de condicións que debe cumprir o solicitante, tales como ser o propietario da vivenda que se quere arranxar e vivir normalmente nela, non dispor
doutra vivenda habitable ou comprometerse a que a edificación subvencionada seguirá sendo vivenda habitual nos cinco anos posteriores á súa reparación.
IES de Ames recibe aos alumnos de Nova Orleáns que chegan mediante o programa de intercambio
April 17, 2009
O IES de Ames puxo en práctica, por primeira vez durante este curso, un programa de intercambio con alumnos de Estados Unidos. Primeiro foron os alumnos amienses os que pasaron preto de 20 días en Nova Orleáns acompañados por dous profesores do centro, Mercedes Neira e Marga Smyth gora tocoulle a vez aos 16 alumnos americanos. Ao acto de benvida asistiron a directora do centro educativo, Marisol Louro, as concelleiras de Educación, Isabel Pereiro, de Mocidade, Patricia Conde, e o concelleiro de Cultura, Deportes e Patrimonio, Francisco Villaverde. Tamén estivo presente o director do Centro Superior de
Hostalería, Jose Paz.
Estas actividades están integradas dentro da programación anual do curso, e teñen como obxectivo o intercambio cultural, o achegamento lingüístico e o perfeccionamento profesional. Patricia Conde tamén sinalou que «quero felicitar ao IES de Ames e a súa dirección por levar a cabo por primeira vez este programa de intercambio.
Esta iniciativa vai servir para enriquecer a vosa formación tanto no eido profesional como persoal». Pola súa banda Jose Paz invitou a todos os alumnos a gozar desta experiencia. Antes de finalizar procedeuse a entrega de agasallos. Dous alumnos do Instituto Isidore Newman fixéronlle entrega á directora do IES de Ames dun libro como agradecemento ao recibimento brindado. Dende o instituto amiense tamén quixeron agradecer a amabilidade mostrada polo Instituto Isidore Newman e Marisol Louro fíxolle entrega aos profesores, Michael Batterman e Míriam Quimbay, de dous broches co logotipo do IES de Ames.
Os Concellos da comarca comprométense coa recuperación do Río Sar
April 17, 2009
O Pazo do Peregrina acolleu recentemente unha reunión entre representantes dos concellos de Santiago, Ames, Brión, Rois, Padrón e Dodro, e Jorge Santiso, Secretario Xeral da Consellaría de Medio Ambiente e Presidente de Augas de Galicia, para falar do proxecto «Corredor Verde do Sar», un plan de recuperación integral do sistema fluvial do río Sar. Mediante este proxecto preténdese acabar coa degradación do río e crear un corredor verde dende Compostela á Ría de Arousa, pasando por Ames. Sobre este asunto, o alcalde de Ames, Carlos Fernández, destacou que «xa se leva traballando na mellora do río Sar dende hai varios anos, pero de forma individualizada. Agora o que se pretende é coordinar os traballos que realizan os concellos de xeito independente, para levar a cabo accións conxuntas».
Obxectivos
Preténdese recuperar e consolidar o sistema fluvial (mellorar o cauce e as marxes do río, mellorar a calidade da auga, recuperar a vexetación e a fauna). Tamén se procederá ao acondicionamento de espazos de uso público como poden ser as sendas para peonís, as vía ciclabe ou as áreas recreativas. A recuperación dos elementos etnográficos do lugar tamén será un dos procesos que se pretenden acometer xunto coa sinalización e promoción do Corredor verde do Sar. Na mellora da calidade das augas terá unha vital importancia a nova depuradora que se vai construir en Santiago. Compre destacar que todas as actuacións que se realicen na morfoloxía do terreo serán sempre mínimas. Polo tanto, respectaranse as zonas inundables e empregaranse materiais naturais como poden ser a pedra, a zahorra ou a madeira. No que se refire ao aspecto económico, compre destacar que se destinarán arredor de 25.000 euros para executar este proxecto. En marzo
de 2006 os alcaldes dos seis concellos asinaron un convenio para a elaboración dun estudo sobre a situación do río Sar. Ese documento serviu como base para que cada concello solicitase a declaración do seu tramo de río como Espazo Natural de Interese Local.
Brigada de xestión forestal
O Concello de Ames tamén está a traballar no coidado e mantemento dos
montes e para elo despois de nove meses de traballo a brigada de xestión forestal rematou cos traballos de limpeza, tala e repoboación en todas aquelas parcelas incluídas nas franxas de especial protección. O último proceso que se levou a cabo foi o de repoboación. Estes traballos só se fixeron nos terreos daqueles propietarios que asinaron un convenio co Concello no 2008. A repoboación realizouse con castiñeiros, cerdeiras e carballos. Este proceso levouse a cabo nun total de 20.000 metros cadrados de terreo e nel plantáronse 1.500 plantas.
Pintan la fachada del PP de Milladoiro
April 17, 2009

La sede del Partido Popular de Ames, ubicada en la avenida Rosalía de Castro de Milladoiro, ha sido objeto recientemente de un acto de vandalismo que dejó su fachada y cristales llenos de pintadas. Los servicios de limpieza tuvieron que acudir para limpiar las aceras porque la pintura salpicó una zona amplia situada debajo del local, ubicado en un primer piso. Los representantes del PP amiense denunciaron lo sucedido en el cuartel de la Guardia Civil. Según fuentes del partido «é unha pena que no século XXI, aínda queden individuos que sexan capaces de facer este tipo de actuacións, que demostran coa súa intolerancia, a falta de respecto aos que pensan de forma diferente».
El BNG urge la construcción de un aparcamiento subterráneo en Milladoiro
April 17, 2009
El pleno municipal acaba de aprobar una moción presentada por el BNG sobre la dotación de aparcamientos en Milladoiro. En su escrito, los nacionalistas establecían cuatro medidas: la apertura inmediata del aparcamiento de la rúa Palmeiras,
la dotación de bolsas de aparcamiento en las rúas Anxeríz y Travesa, la agilización u gestión de nuevos aparcamientos el rúa de Abaixo, y el parking subterráneo del denominado S-15.
Los nacionalistas valoraron la reurbanización de Anxeríz y la peatonalización de Travesa, pero recordaron al alcalde, Carlos Fernández, que estos proyectos «estaban complementados cun aparcamento, o da rúa de Abaixo, que o goberno actual non é quen de xestionar a curto prazo. Su portavoz, Xosé Manuel Fernández, afirmó que «ante un problema grave como este para os veciños e comerciantes do Milladoiro, vostedes non poden quedarse de brazos cruzados, é necesario que xestionen e axilicen as alternativas». Fernández aprovechó para señalar que el incremento de las sanciones de tráfico registrado el pasado año se debe a las dificultades a las que se enfrentan cada día los vecinos a la hora de aparcar sus vehículos. Así, indicó que «as multas no Milladoiro cuadriplican ás de Bertamiráns». Finalmente, el BNG propuso al alcalde una reunión de portavoces para tratar el tema del aparcamiento subterráneo previsto en el S-15.
El consistorio firma un convenio para usar las instalaciones del IES de Ames
April 17, 2009
La Xunta de Goberno local acaba de aprobar un convenio con el IES de Ames para usar sus instalaciones fuera del horario escolar. El escrito recoge una compensación económica de 19.000 euros para este centro educativo que servirán para sufragar los gastos ocasionados por las actividades programadas por el Concello fuera del horario lectivo. Las concejalías de Cultura, Deporte e Patrimonio Histórico y de Educación e Servizos Complementarios son las responsables de la firma. Gracias a este
acuerdo se podrán realizar allí las actividades incluidas en las programaciones anuales de los citados departamentos.
Así, desde entonces se llevan a cabo todo lo relacionado con el denominado Lúdico (Nadal Lúdico, Primavera Lúdica, Xuño Lúdico y Septiembre Lúdico). En verano, el IES servirá para las escuelas de verano que se desarrollan entre los meses de julio y agosto. Además, a lo largo del curso el gimnasio se usará para realizar actividades durante el horario de comedor del colegio Bispo Guerra Campos. Las clases de la Escuela Municipal de Adultos también tendrán lugar aquí. Por otro lado, en cuanto a la programación de Cultura, se utilizará el IES para las clases de la Escola de Música, Hals clases de lengua gallega y diversas actividades deportiva.
Detienen a un joven como presuntos autor de un delito contra la seguridad vial
April 17, 2009
La Policía Local de Ames detuvo a finales de marzo a un joven en la rúa Pedregal acusado de un supuesto delito contra la seguridad vial. El mozo, de 26 años, circulaba por la C-543 Noia-Santiago y tomó la intersección de la citada rúa a gran velocidad. El infractor tuvo que compadecer en los juzgados de Santiago de Compostela. Los hechos ocurrieron a las cuatro de la madrugada. Debido a la velocidad, el vehículo se desplazó de forma lateral quedando en sentido contrario al que circulaba. Al realizar la maniobra, el conductor puso en peligro la vida de otros usuarios de la misma vía ya que no disponía de visibilidad suficiente para realizar la maniobra. Los agentes procedieron a realizarle la prueba de la alcoholemia, dando un resultado de 0,26 en la primera prueba y 0,25 en la segunda.


