Top

A Parcela do Milladoiro onde se vai construír o parque comarcal de bombeiros xa é de titularidade autonómica

5 agosto, 2009

local_bomberos.jpgHai pouco realizouse o último trámite administrativo que era necesario para que a parcela EQ-3 situada no S-16 do Polígono de Galdrachán deixase de ser de titularidade municipal e pasase a mans da Xunta de Galicia. Esta infraestrutura levarase a cabo nunha superficie de 4.700 cadrados. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o subdirector xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta, Pablo Moure, asinaron o pasado 16 de xullo a escritura pública de cesión gratuíta da parcela á Dirección Xeral de Protección Civil. Previamente a corporación municipal tivo que aprobar no pleno celebrado o 30 de outubro de 2008 a cesión desta parcela á Xunta de Galicia co fin de levar a cabo o parque comarcal de bombeiros. Para iso primeiro houbo que deixar sen efecto o acordo plenario adoptado na sesión do 24 de abril de 2008, polo que se acordou a cesión gratuíta desta parcela á Consellería de Educación para a construción duns instituto de educación secundaria no núcleo do Milladoiro. Unha vez resolto este trámite a corporación municipal aprobou a cesión gratuíta da parcela. A boa situación xeográfica do Milladoiro así como as boas vías de comunicación das que dispón esta localidade foron dous motivos determinantes para que finalmente a Xunta e a Deputación decidiran construír o parque nesta localidade. Outro dos puntos a favor foi que está situado nun punto estratéxico para dar cobertura e atender a todos os concellos da comarca.

As dependencias do novo parque contará con 800 metros cadrados de superficie nunha soa planta e estará equipado con 18 bombeiros, un vehículo subministrador con capacidade para 8.000 litros de auga, un vehículo de saída e outro para realizar rescates en altura. O investimento total será de preto de 2.200.000 euros, dos cales 1.200.000 irán destinados á adquisición dos vehículos e 300.000 para equipamentos.
IES do Milladoiro
Finalmente o instituto que se vai executar no Milladoiro estará situado na parcela EQ-1 do S-16 do polígono de Galdrachán debido a que a Consellería de Educación solicitou unha finca dun mínimo de 10.350 metros cadrados para poder construír un centro educativo amplo cos cursos de ESO e Bacharelato. Esta parcela adaptase perfectamente as esixencias da Administración autonómica posto que dispón dunha superficie de 11.780 metros cadrados.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom