Top

Arredor de 1.500 persoas participaron no programa de animación do comercio na rúa

August 5, 2009

local_comercio-na-rua.jpgA última edición do programa de animación do comercio na rúa desenvolvido nas principais zonas comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro rematou tras conseguir unha alta aceptación entre os amienses. Dende que comezara, a iniciativa atraeu a moitos veciños que se achegaron ata o lugar para gozar dunha tarde de compras máis entretida e distendida. O programa, posto en marcha pola Concellaría de Promoción Económica naceu hai catro anos coa finalidade de fomentar, promover e apoiar o comercio local de Ames. O programa consistiu na instalación de inchables nas prazas de Manuel Murguía no Milladoiro, os venres, e na praza de Chavián en Bertamiráns, os sábados, dende as 17 ata as 20 horas. Ademais, complementouse cun animador que percorreu, nunha bicicleta de tres pezas, as rúas onde se concentra a maior parte dos establecementos comerciais destas localidades realizando actividades de globoflexia. O reparto de carteis promocionais e marcapáxinas entre os comercios da zona para que distribuísen entre a súa clientela
tivo unha boa acollida. Programado para un total de 8 días, repartidos en catro venres no Milladoiro e catro sábados en Bertamiráns, o mal tempo obrigou a suspender as actividades previstas para o primeiro sábado en Bertamiráns. A pesar deste contratempo, a acollida por parte dos veciños foi moi alta, e chegou a rexistrarse unha participación próxima ás 200 persoas por día tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, con pequenas diferenzas en función da climatoloxía rexistrada en cada un dos días. Isto supón que arredor de 1.500 persoas gozaron das actividades de animación do comercio na rúa.

A concelleira de Promoción Económica, Úrsula Seijas, explica que «ano a ano intentamos adaptar e mellorar a fórmula do programa introducindo novas actividades e facendo balance das edicións anteriores. Cunha participación tan alta consideramos cumprido o obxectivo de fomentar, apoiar e dinamizar o comercio local así como a vida social urbana».

A Xunta aproba as obras de mellora na vella estrada de Pontemaceira

August 5, 2009

A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou o pasado 10 de xullo no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de acondicionamento da primeira fase da estrada de Negreira AC-448, a antiga AC-450, ao seu paso pola Ponte Nova de Pontemaceira. Estas melloras beneficiarán a un total de 25.000 veciños, tanto do municipio de Ames como de Negreira. O obxectivo desta obra é o de recuperar e poñer en valor o entorno da Ponte Nova e o seu núcleo de edificacións tradicionais, así como a súa ponte e os marxes do río como espazos de esparcemento. Deste xeito, na primeira fase do proxecto actuarase sobre o tramo de estrada pertencente a Ames e sobre a propia ponte. Para a segunda fase do acondicionamento quedarán as obras referentes á estrada dentro do termo municipal de Negreira.
A actuación prevista pola Xunta ten unha lonxitude de 671,60 metros. Neste tramo, a estrada disporá de dous carrís de 3,5 metros cada un, ademais de dúas beirarrúas de 2,5 metros. En total, a estrada terá doce metros de ancho. Para poder levar a cabo estas obras farase unha escavación de case catro mil metros cúbicos de terra. Esta infraestrutura contará cun bordillo, cunha canalización subterránea para o alumeado, así como cun pavimento de taco de granito e levarase a cabo unha nivelación do terreo de 660 metros cadrados. Por último, a actuación tamén contempla a colocación, alumeado e o drenaxe da zona.

O alcalde de Ames e o delegado do Goberno visitan as obras do cuartel da Garda Civil

August 5, 2009

local_cuartel.jpg

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o delegado do Goberno, Antón Louro, visitaron a parcela APE PM5-03, situada
na rúa do Rego do Milladoiro, para ver o estado no que se atopan as obras para a construción do cuartel da Garda Civil
que se está levando a cabo nesta localidade. O delegado do goberno destacou que esta actuación está incluída no Plan
Español para o Estímulo da Economía e o Emprego (Plan E), que promove o goberno central. Pola súa parte o alcalde
de Ames anifestou que está previsto, que os traballos que están sendo executados pola empresa Tragsa, conclúan
na primavera de 2010. A inversión deste proxecto está financiada polo Ministerio do Interior e conta cun presuposto de
2.741.519,48 euros.

O proxecto inclúe a construción de dous edificios nunha parcela de 2.810 metros cadrados. Un dos inmobles estará dedicado a un complexo de vivendas (20 vivendas en 3 plantas máis sótano) e, o outro, a dependencias oficiais (despachos,
habitáculo de atención ao público, arquivos, calabozos, sala de identificación, Seprona, oficina de investigación,
laboratorio, policía xudicial, etc). As dúas edificacións contarán con aparcamento subterráneo para vehículos e estarán
separados por un espacio de cinco metros no que haberá unha praza central. Tamén se dotará ao contorno destes edificios de diversas zonas verdes. As obras encóntranse en fase de cimentación e escavación. Carlos Fernández agradeceu a visita
do delegado de Goberno e destacou a importancia de que dita obra fose incorporada dentro do Plan E, xa que de non
ser así non se tería logrado levala a cabo. «É un investimento que era moi necesario porque as dependencias actuais non son suficientes».

Proxectos con cargo ao FEIL
Durante a visita a Ames, o delegado do Goberno aproveitou tamén para facer un repaso aos proxectos que se están executando no termo municipal amiense con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). Os oito proxectos aprobados xa foron adxudicados e xa están sendo executados. Estas obras teñen un presuposto de 4.345.000 euros e a maior parte deste diñeiro xa foi transferido dende o Ministerio de Política Territorial.

Concretamente a Administración local xa dispón de 2,9 millóns de euros o que supón preto do 70% do orzamento total aprobado. Antón Louro, explicou que, grazas ao fondo de inversión local do Plan E, Ames conta cun presuposto de máis de catro millóns de euros que xa están sendo invertidos en oito proxectos «que derivan de preocupacións e necesidades que pronto serán satisfeitas». Así mesmo, o delegado de Goberno mostrouse moi satisfeito coas obras que se están facendo
e considerounas como necesarias.

Variante do Milladoiro
Por outra parte, abordouse outro tema de especial importancia para o Concello de Ames. O rexedor municipal falou co delegado do Goberno sobre os proxectos que ten para Ames a Dirección Xeral de Estradas. Louro indicou que o estudio informativo da mellora do trazado da N-550 entre Sigüeiro e Padrón e que engloba a variante do Milladoiro, encóntrase en fase de redacción. O presuposto desta actuación situase en torno aos 122,5 millóns de euros. Tamén se indicou que xa foi licitada a redacción do proxecto de construción dun enlace no periférico de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 10,4. Esta actuación consistirá en transformar nun enlace a actual glorieta do Milladoiro, onde se unen os termos municipais de Compostela e Ames. O seguinte trámite que hai que realizar é adxudicar e iniciar a redacción do proxecto, presupostado en 2,1 millóns de euros. Finalmente, Louro, manifestou que o proxecto de rehabilitación do firme da estrada N-550 no traxecto comprendido entre o punto quilométrico 67,075 (O Milladoiro) e o 84,2 (Padrón) tamén se encontra en fase de redacción.Pola súa banda, Carlos Fernández, deixou patente a súa preocupación pola gran cantidade de vehículos que pasan diariamente polo Milladoiro.

Proponen la ampliación del Ponte da Condomiña

August 5, 2009

local_ponte-condominia.jpgMejorar la seguridad y el tránsito peatonal del Ponte da Condomiña. Esto es lo que pide el grupo municipal del BNG al gobierno local. En su escrito los nacionalistas consideran que hay dos vías para solucionar el problema: bien ampliando la estructura ya existente o instalando una nueva pasarela de carácter peatonal. El puente une Bertamiráns con las aldeas de Ortoño, Bugallido y Biduído y, además, canaliza el tráfico rodado hacia Osebe y la carretera de Santiago-Padrón. Esto provoca, según indican, que «sexa unha ponte pola que discurre un intenso tráfico de xeito constante, ya que tamén serve de conexión peonil con Bertamiráns para moitos veciños das aldeas de A Tarroeira, A Condomiña, As Punxeiras, Ortoñiño, O Castro, etc». El puente presenta unas aceras de menos de un metro de ancho «dificultando a circulación peonil, principalmente cun carriño de bebé ou unha cadeira de rodas. Ademáis, nun punto do seu trazado sitúase unha farola case no centro da beirarrúa dificultando aínda máis o seu tránsito. Esta situación fai necesario que se adopten medidas para mellorar a seguridade peonil e facilitar o tránsito dos peóns entre as dúas marxe do rio Sar», concluyen.

Aprueban un plan para la plena integración de los inmigrantes

August 5, 2009

El Concello acaba de aprobar el Plan Local de Cidadanía, Convivencia e Integración Social do Concello de Ames,un proyecto dirigido a todos los vecinos y con el que se espera establecer una convivencia intercultural en todos los ámbitos del día a día, así como garantizar la convivencia, la igualdad, la participación democrática y el progreso social dentro del municipio. El plan está impulsado por el departamento de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, y tiene como finalidad la plena integración de los inmigrantes. Para ello, se les facilitará el acceso al sistema educativo, a la formación profesional y al mercado laboral, así como su integración en los servicios sanitarios y en el acceso a una vivienda digna. En Ames hay en la actualidad más de 1.600 extranjeros empadronados, cifra que se ha multiplicado por diez desde el año 2000 donde había tan sólo 154. Por ello se puede decir que el municipio se sitúa por encima de la media gallega en porcentaje de población inmigrante al superar el 6 por ciento de la población total, siendo las mujeres las que representan la mayoría con un 58 por ciento frente al 42 por ciento de los hombres.

Buño acercó su cerámica a Ames

August 5, 2009

local_buno.jpg

La cerámica de Buño centró recientemente una exposición en el Pazo da Peregrina en la que participaron el
Ecomuseo do Forno do Forte y ceramistas de esta localidad. En total se expusieron cerca de 250 piezas repartidas en
dos colecciones: una de composiciones tradicionales y otra de piezas históricas de los siglos XVIII, XIX y principios del
XX. Además se mostraron veinte recipientes procedentes del horno de Forte y que forman parte de las colecciones
histórica y tradicional de la cerámica de Buño. El director de Ecomuseo, Francisco Docal, manifestó que «Buño é un dos
centros oleiros máis representativos de Galicia. Así pezas desta localidade son elementos da vida cotiá de toda a
comarca compostelá». Tanto es así que de ahí han salido numerosos ceramistas. Doval recordó a este respecto que «en
Ames hai un oleiro que procede de Buño. Esta a única persoa que coñece o oficio de oleiro do termo municipal»

El PP denuncia la pasividad del gobierno local ante «los problemas del municipio»

August 5, 2009

local_viorneira.jpgEl PP de Ames ha denunciado una vez más «la falta de interés mostrada por el gobierno local ante los problemas de los vecinos». Los populares argumentan su queja indicando que «aún no se ha cambiado la placa errónea situada en la capilla de la Magdalena y en la que aparece escrito Plazueleta do Porto». El problema, añaden, «ya fue denunciado en el pleno celebrado el último jueves del mes de febrero y, ante la falta de interés mostrada por el gobierno, el grupo municipal popular reiteró esta equivocación en el pleno del mes de junio». Los vecinos de la zona se han quejado en
diversas ocasiones, y piden que la placa sea reemplazada por otra en la que se pueda leer Plaza da Madalena. Pero este
no es el único caso. Algo parecido ocurre en la calle Viorneira. Aquí el deteriodo de la placa hace casi imposible que se pueda leer. Por todo ello, «el Partido Popular de Ames quiere denunciar que en acciones como estas es en las que el grupo de gobierno deja clara su pasividad y desinterés por los problemas que afectan a los vecinos de Milladoiro».

A la sombra del sol

August 5, 2009

Todas las precauciones son pocas cuando se trata de tumbarse al sol. La piel tiene memoria, y con los años está demostrado que pasa factura. Un año más desde la Organización Mundial de la Salud se mandan consejos para evitar que el rey astro se convierta en nuestro peor enemigo. Por ello, no se debe olvidar que la sombra, las gafas de sol, las prendas de vestir adecuadas al calor y los sombreros son la mejor protección. Además, y así se recuerda desde la OMS, es necesario aplicarse crema con filtro solar en todas aquellas partes del cuerpo que están al descubierto, principalmente en la cara. A este respecto cabe recordar que no debe usarse la crema para prolongar las horas de exposición, sino para protegerse. Para evitar males mayores, desde la OMS se dan las siguientes recomendaciones:

Evitar la exposición solar en las horas centrales del día. Los rayos UV solares son más fuertes entre las 10 de la
mañana y las 4 de la tarde. Hay que tener un especial cuidado con la exposición al sol durante esas horas.

Tener en cuenta el índice UV. Este importante dato ayuda a planificar las actividades al aire libre para evitar una exposición excesiva a los rayos del sol. Es
necesaria protección solar siempre que el índice UV prevea niveles de exposición de moderados a altos.

Aprovechar las sombras. Ponerse a la sombra cuando los rayos UV sean más intensos, sin olvidar que los árboles, las sombrillas o los toldos no protegen
totalmente contra la radiación solar.

Usar ropas que le protejan. Un sombrero de ala ancha protege debidamente los ojos, las orejas, la cara y la parte posterior del cuello. Las gafas de sol
con un índice de protección del 99%-100% frente a los rayos UVA y UVB reducen considerablemente los daños oculares debidos a la radiación solar. Las
prendas de vestir holgadas y de tejido tupido que cubran la mayor superficie corporal posible también protegen contra el sol.

Usar cremas con filtro solar. Aplicar una crema protectora de amplio espectro, con factor de protección
igual o superior a 30. Extender generosamente sobre la piel expuesta y repetir la aplicación cada dos horas, o después de trabajar, nadar, jugar o hacer
ejercicio al aire libre.

Las lámparas y las camas bronceadoras aumentan el riesgo de cáncer de la piel y pueden dañar los ojos si
no se usan protección. Debe evitarse completamente su uso.

Proteger a los niños. Suelen ser más vulnerables a los riesgos ambientales que los adultos. Cuando estén al
aire libre, hay que protegerlos de la exposición a los rayos UV como ya se ha explicado. Los bebés deben permanecer siempre a la sombra.

As contas do concello, ¿para cando?

August 5, 2009

 A. López. Ames.
É certo que estes días estase a publicar numerosa información acerca da situación na que se atopa a rendición de Contas
do Concello de Ames. Para que teña un coñecemento real da situación na que nos atopamos paso a informalo de que, en materia de rendición de Contas, o Concello de Ames está a incurrir nun grave retraso respecto dos prazos legalmente establecidos. Efectivamente, a última liquidación aprobada é a correspondente ao exercicio económico 2006, e as correspondentes a 2007 e 2008 están aínda sen entregar por parte da Intervención Municipal. Saiba que, á terminación de cada exercicio orzamentario, as entidades locais deben formar a súa Conta Xeral e esta debe ser rendida polo seu Presidente antes do 15 de maio do exercicio seguinte. Así, e antes do 1 de xuño, será sometida a informe da Comisión Especial de Contas do concello para entregala, unha vez rematada a súa exposición pública, ao Tribunal de Contas. Esta Alcaldía é perfecta coñecedora desta obriga, pero a lexislación establece que o Presidente da entidade local renderá a Conta unha vez formada pola Intervención Municipal, pero a realidade é que non se formaron en prazo e, obviamente, non é posible render unha Conta que non está formada. Ante isto, é obvio que a intención deste equipo de goberno é poder regularizar esta situación o antes posible pois non nos resulta, nin moito menos, allea. É por elo que, nestes últimos meses, xa se foron adoptando unha serie de decisións co obxectivo de poñer fin a este problema (o cese do Interventor titular e a incorporación dunha nova persoa para ese posto, a incorporación dun Tesoureiro, adoptáronse ademais outras medidas internas de organización e funcionamento do servizo tales como o establecemento dun horario de atención ao público, quendas de traballo extraordinario e xornada prolongada, etc ). O noso obxectivo prioritario será ter ao día, debidamente formadas, as Contas dos anos 2007 e 2008, e moi avanzada a de 2009, fixando como data límite o 31 de decembro de 2009. Así mesmo, agardamos poder afrontar a redacción do orzamento de 2010 con datos reais e cun perfecto coñecemento da nosa situación económico financeira.

Como afectado polas obras da rúa Anxeríz, quixese saber cal é o prazo de ejecución da obra

August 5, 2009

. Juan Sarasola. Milladoiro.
As obras para a reurbanización desta rúa comezaron no mes de maio e o prazo previsto para a súa execución é de sete
meses. A súa financiación é a cargo do Fondo Estatal de Investimento Local, máis coñecido como Plan-E. Para nós,
a transformación da rúa Anxeriz era un proxecto de máxima prioridade, dentro de todo o conxunto de obras que temos
previsto executar. É unha das rúas do Milladoiro que máis densidade comercial presenta. O noso obxectivo é transformala
completamente posto que esta vía constitúe o eixo principal viario norte–sur, paralelo á N - 550, da zona norte do
Milladoiro, composto por un conxunto de vías cunha gran actividade comercial.O obxecto do proxecto é mellorar e cualificar esta rúa reurbanizándoa completamente. A obra inclúe a substitución dos pavimentos existentes e a incorporación de arborado e vexetación en ambas marxes da calzada, ampliación das beirarrúas, unha importante reorganización do tráfico, etc. Así mesmo, estas actuacións comprenden a renovación e substitución parcial dalgunhas das redes infraestruturais de servizos urbanísticos existentes ou en mal estado. Así, está previsto renovar as redes de saneamento actuais por un novo trazado que discorre polo centro da calzada proxectada, e na que se recollen de forma separada as augas pluviais e as fecais. Ademais, substituiranse as luminarias existentes e instalarase unha nova rede de iluminación pública. Dende o concello estase a facer un importante seguemento co obxectivo de que non haxa demora no prazo previsto de execución e, sobre todo, de que se ocasionen as menores molestias posibles aos veciños e veciñas aínda que, loxicamente, haberá molestias que é imposible evitar como ocorre en calquera obra destas características.

« AnteriorSiguiente »

Bottom