O estado no que están os trámites para a construción do colexio de Milladoiro.
8 October, 2009
Polo que sabemos, neste momento a construción do novo Instituto para o Milladoiro se encontra, máis ou menos, paralizada. Para aclarar isto que acabo de escribir, dareille unha cronoloxía completa de tódolos trámites administrativos realizados ata a fecha, entre os que se atopa a cesión gratuíta dunha parcela municipal á Consellería de Educación para construír ese entro.
Con elo comprenderá perfectamente a situación na que nos atopamos. En novembro de 2005 asinamos un protocolo de colaboración para a construción deste centro de educación secundaria. Por elo, o Concello puxo a disposición da Consellería de Educación unha parcela no sector urbanístico denominado S-16 do Milladoiro, que contaba con casi 5.000 metros cadrados. Posteriormente, e dado que a Consellería de Educación prevía que o futuro centro se construíra para unha liña 16+6, era imprescindible un cambio de parcela, xa que precisaban dunha superficie mínima de 10.350 metros cadrados. Por elo, o Concello iniciou de novo a tramitación correspondente e cedeu finalmente unha parcela situada no mesmo sector urbanístico e cunha superficie de 11.780 metros cadrados. Esta parcela foi visitada hai uns meses por técnicos da Consellería, os cales informaron favorablemente respecto da ubicación do edificio na mesma. Con todo este trámite administrativo cumprido, o 6 de febreiro deste ano publicábase no Diario Oficial de Galicia o inicio do expediente para a licitación da redacción do proxecto básico e de execución. Nos consta que, neste momento, só falta que o Órgano de Contratación correspondente asine a proposta xa realizada, despois de valorar todas as ofertas presentadas ao concurso, arredor dunhas vinte. Dende esa data, e ao non ter ningunha noticia ao respecto, eu mesmo falei en repetidas ocasións co Conselleiro de Educación co obxectivo de desbloquear esta situación, pero sen que, ata a fecha, se teña producido o máis mínimo avance ou movemento. Á vista de todo o exposto e considerándome na obriga e, sobre todo, na responsabilidade de reclamar o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos pola Xunta de Galicia co Concello de Ames, o pasado 18 de setembro envieille unha carta ao Presidente da Xunta solicitándolle, entre outras cuestións, que aclarase e retomase o proxecto do instituto xa que, aínda que se teña producido un cambio de goberno, as institucións están obrigadas a dar continuidade aos compromisos adquiridos. Neste momento, esta é a información da que dispoñemos. Calquera avance que se produza será comunicado aos veciños correspondentemente.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?