Top

A nova escola infantil do Milladoiro abrirá as súas portas no primeiro trimestre de 2010

2 December, 2009

escola infantil milladoiro Ames é un concello que está experimentando un gran un incremento poboacional nos últimos anos e isto implica que haxa moitos nenos e nenas en idade de escolarizar. Para poder atender a todos estes cativos amienses de 0 a 3 anos estase construíndo unha nova escola infantil no Milladoiro, que estará rematada no primeiro trimestre de 2010.

As obras de construción da nova escola infantil do Milladoiro marchan a bo ritmo. Este proxecto levase a acabo de forma conxunta entre a Administración local e a Xunta de Galicia. O Concello de Ames cedeu para este fin unha parcela de 1.500 metros cadrados na APE PM5-03, que se atopa situada na rúa do Rego. A nova escola infantil terá 1.000 metros cadrados de superficie distribuídos en catro andares e disporá de oito unidades con máis de oitenta prazas. Concretamente contará con dúas aulas para nenos e nenas de 0 a 1 anos, dúas aulas para cativos de 1 a 2 anos e outras dúas aulas para os que teñan de 2 a 3 anos. Tamén disporá dunha sala de usos múltiples, un comedor, unha cociña, un xardín interior e unha lavandería.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom