Top

Apróbase en Pleno a ampliación da ponte da Condomiña

2 diciembre, 2009

ponte condomiñaA corporación municipal reuniuse nun pleno de carácter extraordinario para tratar o proxecto de ampliación da ponte da Condomiña. Esta obra foi aprobada por unanimidade e será sufragada a través do Plan de travesías provinciais 2008-2011 posto en marcha pola Deputación Provincial da Coruña, para mellorar as infraestruturas da provincia e contribuír a unha mellora da seguridade viaria. Ademais tamén se aprobou por unanimidade a elección de María Anxélica Blanco como xuíza de paz substituta para o Concello de Ames. O concelleiro de Obras, Gustavo Nieto, explicou que «esta ampliación da ponte da Condomiña trátase dunha reforma para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial 0205 que une Bertamiráns con A Ramallosa «. Mediante este reforma levarase a cabo unha pasarela en forma de voladizo que se construirá na marxe esquerda da ponte tendo en conta a dirección Bertamiráns – Ortoño. Deste xeito ampliaríase a beirarrúa quedando unha zona de paso para os peón de case dous metros de ancho. O citado paso peonil terá unha anchura de 1.80 metros, dos cales un metro vai sobre a estructura actual da ponte. O custe deste proxecto aproximase aos 135.000 euros. Estímase que as obras poderían executarse nun período de cinco meses.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom