Top

Bo Nadal

2 diciembre, 2009

Por: Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames

Xa pasou un ano dende que a revista DirectoAmes me brindara a oportunidade dirixirme a todos os veciños e veciñas do concello para desexarlles un moi feliz nadal. Como sempre, é para min unha honra compartir meus desexos de ledicia e prosperidade para estas datas e para o novo ano que comeza. Pero, especialmente este ano, é inescusable facer un recordatorio a todas aquelas persoas que están a vivir unha situación complicada. A difícil coxuntura económica fai que convivamos cada día cos problemas de moitas persoas e coas circunstancias que a diario me dan a coñecer. Por iso, especialmente nestas datas, quero achegarlles o meu saúdo máis agarimoso e facer unha mención especial a todas esas persoas. É moi importante que todos e todas fagamos unha reflexión. Moitas cousas pasaron neste tempo e moitas cousas cambiaron neste tempo.

As datas do nadal son moi especiais, son datas de ilusión, de reencontros, de morriña polos que están lonxe pero tamén, porqué non, de esperanza. Desexo que o ano 2010 nos encha a todos de solidariedade e de ilusións, que nos siga dando a capacidade de entregar aos demais o mellor de nós mesmos e, dende o cargo institucional que ocupo, ás mesmas gañas de traballar para que podamos estar orgullosos de formar parte deste concello.

Así pois, deséxovos que pasedes unhas moi felices festas na compañía de familiares e amigos.  ¡Bo nadal e feliz aninovo!

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom