Camiño do 2010
2 diciembre, 2009
A Xunta de Galicia concibe un Xacobeo baseado na calidade e na universalidade

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou en novembro no Palacio de Congresos un avance da programación para o Xacobeo 2010 nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. No primeiro acto oficial do Xacobeo 2010, Varela sinalou que «unha oportunidade única para xerar riqueza espiritual e cultural, para producir e difundir coñecemento e pensamento». A programación de espectáculos teatrais e de danza sumará unha oferta de calidade para diversos públicos. Cirque du Soleil, Merce Cunningham Dance Company ou Mayumaná formarán parte do cartel.
O titular do departamento definiu o Xacobeo 2010 como «necesariamente ambicioso e decididamente plural», como unha «oportunidade única para xerar riqueza espiritual e cultural, producir e difundir coñecemento, pensamento e reflexións que nos conduzan cara un mundo mellor». Con estas previsións, o conselleiro de Cultura e Turismo, formulou a fervente esperanza de converter a Galicia «literalmente, no centro do mundo, nun espazo privilexiado de debate social, científico e cultural». Dito efecto non sería posible sen o traballo de colaboración e cooperación activa do sector privado polo que Roberto Varela agradeceu aos patrocinadores, empresas, entidades e institucións pola súa «implicación, visión de futuro e compromiso coa cultura e con Galicia».
O responsable da Consellería presentou ao Xacobeo como un evento histórico onde a súa esencia mesma convértese «na fusión de modernidade e tradición, do propio e do alleo». O Ano Santo supón una «ocasión inmellorable para promover en todo o mundo o nome de Galicia, difundir universalmente o noso potencial e transformalo en riqueza económica, turística e cultural». Roberto Varela adiantou algúns dos nomes que nutrirán o cartel do Xacobeo 2010 onde se darán cita «os expertos máis prestixiosos e os profesionais máis cualificados». Galicia e o Xacobeo chegarán ata o Metropolitan de Nova York e transcenderán fronteiras para unir pobos a través de «eventos orixinais, diferenciados, específicos e únicos.
No acto de presentación contouse coa actuación estelar da soprano chilena Cristina Gallardo-Domás. A posta en escena contou asemade coa compañía Nova Galega de Danza que amosou a súa fusión de danza e música de raíces galegas. A Orquestra Gaos de Novos Valores, formada interpretou «A marcha triunfal de Galicia» e o «Himno galego». As voces do Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña marcaron o punto e final da presentación. Ao remate do acto, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, activou un reloxo que marca o tempo restante para o comezo do 2010 e que posteriormente foi trasladado á entrada da Alameda. En canto á música, achegaranse a Galicia os nomes máis relevantes do pop, do rock e dos movementos musicais máis importantes. A canle de televisión musical con máis peso do mundo presentará no Ano Santo o primeiro MTV Galicia, no que as actuacións de artistas de relevancia internacional serán retransmitidas a todo o mundo. O festival de música electrónica experimental de Barcelona, o Sonar, sairá por vez primeira da cidade condal para elaborar conxuntamente unah edición simultánea co Xacobeo 2010. En todo o
panorama musical, os creadores e músicos galegos ocuparán sempre un papel protagonista moi especial.
A fotógrafa xermana Candida Hoffer, o magnífico retratista Pierre Gonnord ou Cristina García Rodero, primeira fotógrafa española na axencia Magnum acometerán no Xacobeo 2010 os seus proxectos. O Xacobeo 2010 acollerá tamén a mostra «Santiago e Europa».
No tocante ao plan de comunicación epromoción presentouse unha inversión sen precedentes nun ambicioso proxecto. Redes sociais, comunidades virtuais, plataformas dixitais e unha importantísima colaboración con Google conformarán os medios polos que acadar unha máxima efectividade comunicativa. Ademáis, o Xacobeo 2010 terá a honra de exhibir en Galica, durante o Ano Santo e nunha presentación exclusiva, a primeira película europea de animación en 3-D «O Apóstolo».
No deporte, Iker Casillas, Rafa Nadal ou David Meca son algúns dos nomes propios vinculados a diferentes actos da programación do Xacobeo, e para os máis pequenos haberá colaboracións coas escolas, recreacións virtuais das vías xacobeas ou espectáculos itinerantes.







Comentarios
¿Tienes algo que comentar?