Top

Inaugurouse a dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño

2 December, 2009

darsena ortoñoA dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño xa é unha realidade. Esta infraestrutura servirá para mellorar a seguridade viaria de todos os nenos e nenas que están escolarizados neste centro de ensino. Así, o CEIP Agro do Muíño dispon dunha zona independente para o estacionamento do transporte escolar grazas ao acondicionamento dun carril de servizo na estrada provincial 0205. Á inauguración asistiron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e varios representantes e concelleiros da corporación municipal. Ademais construíuse unha marquesiña que está conectada co colexio mediante unha pasarela. Esta pasarela conta cunha porta de entrada e con outra de saída que permanecerán pechadas durante o horario de clase e recreo para evitar que o alumnado poida mancarse ao andar por dita rampla. Nesta obra tamén se incluíu a ampliación das beirarrúas existentes, a instalación de iluminación na pasarela de acceso ao colexio e o balizamento das paradas de autobuses. Carlos Fernández destacou a importancia desta infraestrutura. De este xeito todos os nenos e nenas do CEIP Agro do Muíño poderán acceder as súas aulas dun xeito moito máis cómodo e seguro.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom