O Roupeiro municipal repartiu 530 paquetes de roupa durante o 2009
diciembre 2, 2009
O Roupeiro municipal continua realizando unha incesante labor social. No que vai de ano máis de 500 persoas recibiron paquetes de roupa elaborados polo persoal que traballa de xeito voluntario no roupeiro municipal de Ames. Este servizo, situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova, creouse no ano 2003 co obxectivo de facerlle fronte a necesidade básica de roupa e calzado do colectivo de poboación amiense menos favorecido. Este servizo está xestionado integramente por persoal dependente da Oficina do Voluntariado de Ames (OVA). Cinco voluntarias encárganse de recibir as pezas de roupa, facer a escolla das que están en bo estado, almacenalas e entregalas ás familias máis desfavorecidas. Todas as persoas que queiran doar roupa ou calzado de maneira desinteresada poden facelo nas dependencias de Servizos Sociais, situadas nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de 9h. a 15 horas ou de 16.30 h. a 22 horas e de luns a venres. Todas as pezas de roupa que se doen deben atoparse nun bo estado de conservación. Por outra banda as familias que desexen solicitar paquetes de roupa terán que achegarse ata a Oficina do Voluntariado e alí o persoal que xestiona este departamento realizará unha ficha cos datos da súa solicitude. Ademais de xestionar este servizo a Oficina do Voluntariado de Ames leva a cabo outro tipo de campañas como son a de recollida de xoguetes polo Nadal ou a de recollida de alimentos para enviar ao Sáhara.
O estudo previo informativo da variante de trazado da estrada N-550 está en fase de redacción
diciembre 2, 2009
A mediados de 2007, o Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Estradas, fixo pública a autorización para a realización do estudo previo informativo da variante de trazado da estrada N-550 entre Sigüeiro e Padrón. Este estudo ten por obxecto recompilar e analizar os datos necesarios para definir, co grao de detalle esixible a un estudo informativo, as diferentes alternativas viables para a construción dunha vía con características de autovía no tramo considerado, propoñendo a solución máis vantaxosa para o seu desenvolvemento.
Neste momento, ese estudo está xa na fase de redacción e, actualmente, están estudando a evaluación do impacto ambiental do proxecto, tal e como esixe a normativa vixente. Unha vez finalizado este proceso presentaranse tres propostas diferentes de itinerario para logo escoller a que sexa a máis adecuada. Neste estudo realizaranse diversos traballos mediante os cales analizaranse as posibilidades técnicas para a execución do novo vial, é dicir, levantamento topográfico, parcelas afectadas, nivel de pendente e características técnicas do terreo reservado. Na redacción estanse tendo en conta as recomendacións da Dirección Xeral de Estradas e, en calquera caso, o que se determine no prego de preinscripcións técnicas particulares que no seu momento se aprobe como base para a súa redacción. Hai uns días, os técnicos do departamento de urbanismo do Concello enviaron xa o seu informe ao Ministerio co obxectivo de informar sobre as cuestións plantexadas que afectan ao noso municipio. O período establecido para a redacción deste estudo é de vintecatro meses, e o orzamento previsto das obra estimase que se aproxime aos 122,5 millóns de euros O trazado da nova variante estará definido pola N-550. Partirá, aproximadamente, dende o punto quilométrico 51,0 en Sigüeiro e chegará ata o Km 80,5 en Padrón. Trátase de construír unha alternativa sobre o actual trazado cunha lonxitude de 35 quilómetros co obxectivo de afastar a circulación dos centos urbanos dos concellos de Ames, Sigüeiro e Santiago, constituíndose nunha alternativa á AP-9. No seu itinerario irá enlazando coas principais estradas da comarca compostelá como son a autopista de Ourense ou a autovía da Estrada. Ademais é posible que enlace coa AP-9 pola saída de Sigüeiro. A nova autovía contará con dúas calzadas de sete metros cada unha, separadas por unha mediana. Terá catro carrís de circulación, beiravías interiores dun metro e exteriores de 2,50 metros.Ademais está previsto que as propiedades lindeiras non teñan acceso directo á nova estrada.
Ainos cambia de imagen
diciembre 2, 2009
A punto de cumplir su octavo aniversario, la lencería Ainos de Milladoiro acaba de renovar su imagen. El establecimiento, ubicado en la rúa Agro do Medio, se adapta ahora a los nuevos tiempos con un diseño más moderno y funcional, lo que se traduce en una visión más amplia y cómoda de sus productos. Especializados en lencería para mujer (con gran variedad de copas) y hombre, en este negocio que regenta Sonia García podemos encontrar además gran variedad de pijamas y ropa interior. En definitiva, buenas marcas, las últimas tendencias y precios interesantes.
“La maternidad cambió mi vida”. MAR SAURA
diciembre 2, 2009
Su fórmula (85-65-88) la ha catapultado al éxito. Primero en las pasarelas de Nueva York, Milán y Japón, después en los platós y, en la actualidad, en la pantalla de Tele 5. Así es Mar Saura, esta catalana de ojos negros que hace gala de una frescura envidiable. Desde su 1,75 metros de estatura recuerda con nostalgia sus primeros tiempos, luciendo modelos de Chanel, Dior, Óscar de la Renta o Carolina Herrera. Sin embargo, su vocación la llevó a dejar la pasarela para estudiar Arte Dramático en Madrid. Mar interpreta ahora «Escenas de matrimonio» y se transforma en una divertida y desafiante Ainhoa, una abogada que comparte un pequeño apartamento, de sólo un dormitorio y una sóla cama, con Miguel, su compañero de reparto. Seguir leyendo
El PP dice que no se pierda el dinero del parque de bomberos
diciembre 2, 2009

El Partido Popular de Ames volverá a exigir el parque de Bomberos para Milladoiro si no se llega a un acuerdo con Santiago por ser el único ayuntamiento al que le afecta la obligación recogida en la Ley de Bases del Régimen Local al tener más de 20.000 habitantes. Así de tajantes han sido los populares en un comunicado remitido a la prensa en el que, además, señalan que la racionalización de los recursos públicos «debe ser el principal objetivo, por encima de localismos estériles que no contribuyen a hacer país. El sentido común debe primar para evitar que en apenas cinco kilómetros se dupliquen servicios». Por todo ello, Santiago Amor, portavoz del PP, indicó que «en el caso de que el parque de bomberos se le asigne a Santiago de Compostela, se debe exigir que la inversión prevista para esta dotación se destine a cualquiera de los muchos e imprescindibles proyectos que están pendientes para Milladoiro». Así, Amor recuerda que aún está pendiente el parque central, presupuestado en 2008 y «en el que ya se han gastado 81.200 en una asistencia técnica de redacción del proyecto. Además, añade, están pendientes las piscina cubierta, la falta de espacio y recursos del colegio de Ventín y un centro de día que de solución a las necesidades de las familias de Ames. El Partido Popular presentó una moción en el mes de octubre de 2008 que «el alcalde de Ames se negó a debatir», y en la que «quedaba clara la postura que es exactamente igual que en la actualidad: exigir para Ames el parque comarcal de bomberos si Santiago no desbloqueaba la situación creada por la sentencia 49/2005», manifiesta su portavoz. Por lo tanto, el Partido Popular exigirá la construcción del parque comarcal de bomberos en Ames «siempre que no se llegue a un acuerdo de construirlo en Santiago de Compostela».
Asínase o contrato con Cogami para a conservación dos espazos verdes de Bertamiráns
diciembre 2, 2009
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o apoderado da Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), José Luis Costoya, asinaron un contrato a través do cal a empresa Integro de Xardinería e Medioambiente SL (dependente de Cogami) será a encargada de xestionar o servizo de conservación e mantemento do parque da Peregrina e do paseo fluvial de Bertamiráns. O contrato terá un prazo máximo de execución dun ano, podéndose prorrogar por outra anualidade máis. O importe de adxudicación deste é de 54.000 euros anuais máis o IVE correspondente. Os traballos que terá que levar a cabo a empresa adxudicataria serán o mantemento, reposición, podas e tratamentos fitosanitarios. O adxudicatario deberá dispor do persoal axeitado en número e competencia profesional (o cal estará ao seu cargo para todo os efectos), así como dos equipamentos de maquinaria e ferramentas con sistemas adecuados e eficaces, para atender debidamente en tempo e forma a realización dos traballos que sexan necesarios.
¿É verdade que o parque de bombeiros, que se vendeu que estaría en Ames, finalmente vai ir a parar a Santiago. Que hai de certo?
diciembre 2, 2009
Sonia Abelenda. Ortoño.
En primeiro lugar, non se «vendeu » que o Parque Comarcal de Bombeiros ía estar en Ames. Existe unha cesión mediante escritura pública dunha parcela municipal ubicada no Milladoiro a favor da Xunta de Galicia para a construción desta infraestrutura, e xa hai un proxecto técnico redactado por un equipo de arquitectos do cal se publicaron, en diversos medios de comunicación, infografías do futuro edificio. O proxecto do Parque Comarcal no Milladoiro xurdiu despois de anos de enfrontamentos e debates en Santiago de Compostela. A opción de converter o parque local de Santiago en comarcal deu ao traste debido a varias circunstancias: as esixencias dos bombeiros da plantilla local, a negativa a prestar servizos fóra do termo municipal de Santiago, máis un contencioso administrativo que derivou nunha sentenza de negativa para a comarcalización do parque de Santiago. É debido a todo iso cando xurde Ames como unha solución a cal, ademais, abriría un novo camiño para a extensión dun modelo de parque comarcal de bombeiros a toda Galicia, e sobre todo do seu modelo de xestión. O parque de O Milladoiro supón unha solución inmediata e eficaz para a comarca, que hoxe non está convenientemente atendida en materia de incendios e de salvamento.
Actualmente, estamos á espera de que o proxecto poda continuar a súa tramitación. No mes de xullo fun convocado para a sinatura da escritura pública de cesión gratuíta da parcela a favor da Xunta de Galicia. Por elo, todo parece indicar que, pese a ter habido un cambio de goberno, a tramitación do proxecto segue en marcha. Ata a fecha, o Concello de Ames non ten ningunha notificación oficial da intención da Xunta de Galicia, e en particular da Consellería da Presidencia, de anular o proxecto. Se a partir de agora se producira calquera cambio, os veciños e veciñas de Ames serán puntualmente informados.
La Coral de Bugallido viaja a Portugal
diciembre 2, 2009

La Coral de Bugallido se desplazó recientemente a Portugal con motivo de su viaje cultural anual. Este año el lugar elegido fue el norte de Portugal, y más concretamente las ciudades de Porto e Povoa de Varzim. Desde hace dieciséis años, de forma interrumpida, los miembros de la agrupación, así como otros vecinos, realizan esta excursión que organiza la asociación cultural que gestiona la Coral. En anteriores ocasiones Galicia, Asturias, León o Cantabria fueron los lugares elegidos para realizar esta actividad que tiene como finalidad la convivencia.
Camiño do 2010
diciembre 2, 2009
A Xunta de Galicia concibe un Xacobeo baseado na calidade e na universalidade

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou en novembro no Palacio de Congresos un avance da programación para o Xacobeo 2010 nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. No primeiro acto oficial do Xacobeo 2010, Varela sinalou que «unha oportunidade única para xerar riqueza espiritual e cultural, para producir e difundir coñecemento e pensamento». A programación de espectáculos teatrais e de danza sumará unha oferta de calidade para diversos públicos. Cirque du Soleil, Merce Cunningham Dance Company ou Mayumaná formarán parte do cartel. Seguir leyendo
Reclaman la dimisión de Patricia Conde
diciembre 2, 2009
La concejala de Economía, Patricia Conde, vuelve a ser noticia. Esta vez, los populares de Ames piden su dimisión tras anunciar que la edil «está cobrando da Deputación de A Coruña un total de 18.202, 28 euros ao ano segundo o Boletín oficial da provincia nº 113 con data 19 de maio de 2008 aos que hai que engadir os máis de 11.000 euros que cobra polas diversas asignacións municipais por asistencia a Xuntas de Goberno, comisións e plenos». El total de los ingresos de Conde asciende a 29.000 euros anuales. El PP recuerda que «a concelleira de Economía afirmou en numerosas ocasións, tanto no Pleno da Corporación como na radio municipal, que non percibía retribucións e que non estaba de alta na seguridade social nin tiña seguro. Así, piden su dimisión por «enganar a todos os cidadáns de Ames dicindo que non percibía retribucións e que non estaba asegurada, ademáis de ocultar deliberadamente o cobro dun organismo público como é a Deputación de A Coruña ao non facilitar os datos de igual xeito que se fixo cos demais concelleiros». Asimismo, dicen que está «cometendo un fraude a un organismo Público como a Deputación ao cobrar unha nómina sen asistir ao seu posto de traballo». El año 2009 se ha visto rodeado de tensiones en el terreno municipal. A esta petición de dimisión hay que unir la de la concejala de Educación, Isabel Pereiro, que dejó su cargo por la polémica sobre la adjudicación de la red de comedores escolares.






