Top

Un ventureiro ano 2010

2 December, 2009

Por: Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG

¡Qué rápido pasou o 2009! Non hai nada estabamos falando dos 33,5 millóns de euros de orzamento, dos 7,5 millóns de euros para O Milladoiro, e agora parece que poucos se lembran desas cifras; agora temos que falar de asuntos máis ordinarios: retrasos nos pagos aos proveedores do Concello, retrasos nas subvencións ás familias e ás entidades asociativas, perda de  ubvencións, dimisións de concelleiros, máis adecuado… concelleira, do goberno… Ah! pero esta fiestra non é para falar de política municipal! Tampouco quero abusar da amabilidade dos amigos de DirectoAmes.

En nome propio, e en nome da xente do Bloque de Ames quero desexarlles aos todos os veciños e veciñas de Ames un ventureiro ano 2010, e que veña  cargado con moitas ilusións para todos e todas.

Quizais unha dedicatoria especial, para os veciños e veciñas da rúa Anxeriz do Milladoiro, e aínda máis especial para os comerciantes desta rúa, que viron, sufriron e están sufrindo
as consecuencias dunha pésima xestión dunha obra que non merecía estar en boca da xente polas malas noticias. Haberá que inisitirlle aos Reis Magos de Oriente quen amañen esta desfeita na medida do posible.

E por pedir que non sexa, na carta que lle mandamos aos Reis os do Bloque tamén incluimos a IES, o Centro de Saude, o Parque Central, A Travesia do Porto… A carta seméllase moito ao do ano pasado.

O dito, as maiores venturas persoais, laborais e profesionais no 2010 para todos e todas.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom