Unha marca de garantía
2 December, 2009

Galicia Calidade
Galicia Calidade conta na actualidade cun total de 109 produtos dun total de 33 empresas. Un abano dos mellores produtos galegos certificados e controlados pola adminitración pública. Dende a súa creación como Sociedade Pública no ano 1995, Galicia Calidade foise consolidando como a marca de garantía por excelencia, que se pode comprobar nos estudos que certifican que é a marca autonómica con maior recoñecemento en toda España e moi superior ás súas competidoras. Este feito vén dado polo traballo desenvolvido nesta Sociedade Pública así como polo feito de ir da man da palabra Galicia.
A pesar do traballo ben feito dende a súa creación o futuro plantexa retos e obxectivos ambiciosos para a mesma. Dende acadar unha maior prospección internacional, nos mercados europeos, asiáticos ou americanos,… até amparar máis e, sobre todo, aos mellores produtos galegos, fabricados en Galicia e por empresas galegas.
Porque o consumidor ten que saber que cando está consumindo un produto amparado por Galicia Calidade está a apostar pola calidade dende principio a fin. Unha diferenciación dese produto como o mellor de Galicia, por un lado pola propia calidade intrínseca do produto e, por outro lado, polo feito de estar avalado e de recibir continuos controis e auditorías por parte da Administración Pública Galega, materializada neste caso por Galicia Calidade.
Hai que reseñar ademais, que o ano 2010 preséntase como un ano cheo de oportunidades para as empresas galegas. Millóns de persoas achegaranse a Galicia con motivo do ano Xacobeo. Preséntase, pois, unha ocasión que non se pode desaproveitar e na que Galicia Calidade deberá apostar fortemente por mostrar a calidade e as potencialidades dos produtos que están adheridos tanto durante a estadía dos turistas en Galicia coma para fidelizar o seu consumo unha vez regresados aos seus domicilios.
Porque este é outro dos obxectivos de Galicia Calidade, potenciar o consumo dos produtos adheridos dentro de Galicia, pero especialmente no mercado exterior, tanto no resto de España como nos mercados internacionais. Unha simbiose entre as mellores empresas e produtos galegos e unha marca de garantía amparada pola Xunta de Galicia.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?