Top

A Madalena celebra o seu quinto aniversario

12 February, 2010

ei-a-madalena.jpgO alcalde de Ames, Carlos Fernández, achegouse recentemente a O Milladoiro para festexar co persoal da escola infantil municipal A Madalena o quinto aniversario deste centro de ensino. O 13 de decembro de 2004 a escola abría as súas portas por primeira vez. Dende ese día foron moitos os nenos e nenas que pasaron polas aulas deste centro de ensino. A Madalena é de titularidade municipal e está xestionada polo Concello. Este centro ofrece servizo a nenos e nenas que teñen unha idade comprendida entre os tres meses e os tres anos. Ademais desta existe outra escola infantil municipal en Bertamiráns, O Bosque.

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom