Top

Entréganse os premios do IV Concurso de Escaparatismo

12 febrero, 2010

escaparatismo.jpgO salón de Plenos da Casa do Concello foi o escenario escollido para celebrar o acto de entrega dos premios do IV Concurso de Escaparatismo. Os galardoados recibiron os premios das mans do alcalde de Ames, Carlos Fernández, e da concelleira de Promoción Económica, Úrsula Seijas. A tenda do agro Labralia, primeira clasificada, recibiu 800 euros, K&C Perfumería, que obtivo o segundo posto, levou 600 euros, e Núa Moda foi premiada con 400 euros ao acadar a terceira posición. O IV Concurso de Escaparatismo pon definitivamente o seu punto e final este ano cun acto no que se fixo entrega dos premios aos tres gañadores. Os galardoados déronse a coñecer o pasado 17 de decembro despois da correspondente valoración do xurado. Os tres establecementos recibiron un premio económico, un certificado que os recoñece como gañadores deste certame e, ademais, gozarán dun mes de publicidade gratis por cortesía de Ames Radio. Un ano máis confirmouse a boa acollida deste certame no que participaron 25 establecementos de todos os sectores, dende o téxtil ou o agro, ata perfumerías e comercios de electrodomésticos. Durante varias xornadas, os participantes prepararon os seus escaparates para que o xurado quedase sorprendido pola súa creatividade e o seu bo gusto e así optar a un dos galardóns que repartía este ano o concurso.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom