Top

Xa somos 28.000 habitantes

12 febrero, 2010

Un ano máis, Ames é un dos municipios galegos que máis medra demograficamente. Os primeiros datos estimativos aproximan o municipio aos desexados 30.000 empadroados que se espera conseguir no 2011. Para ser máis exactos, existen xa 28.036 amienses censados ata este decembro de 2009, o que supón un aumento de máis de 1.000 persoas dende os datos do ano anterior publicados polo Instituto Nacional de Estatística: 26.983 habitantes. Cabe destacar a prosperidade deste municipio no que se rexistraron 300 novos nacementos, mentres que as defuncións quedáronse en 90 rexistros. Dentro da poboación amiense, o 63,59% do total correspóndese coa franxa de 20-59 anos, o que imprime ao concello de Ames unha ampla rede de persoas en idade de traballar. Así mesmo, a media de idade móvese un período máis entre os 30 e 39 anos. Nos últimos tempos Ames converteuse en lugar de destino da migración interna de Galicia e tamén de arredor de 50 nacionalidades máis, principalmente das áreas de América Latina, de África e de Europa do este, que xa supoñen un colectivo en auxe dentro da pirámide de poboación. Ames destaca pola paridade en canto a sexos. Se falamos de demografía, tan só existen dous puntos de diferenza entre os homes e as mulleres: os primeiros representan preto de 49% da poboación, mentres que elas arredor do 51%. O Concello ademais pode presumir de ter catro veciños centenarios. Os mozos e mozas que residen no Concello, comprendidos entre 0-19 anos, representan o 22,66% da pirámide demográfica. O 34,8% da  poboación está por debaixo dos 30 anos, e xa se engadimos tamén aos menores de 40 anos esta porcentaxe dispárase a máis da metade dos amienses, o 57,1%.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom