Top

Adxudícase a obra para canalizar os pluviais en Biduído de Abaixo

28 julio, 2010

A Xunta de Goberno local acaba de aprobar a adxudicación provisional da obra de canalización de pluviais no lugar de Biduído de Abaixo que está incluída no POS adicional 2009. Despois de valorar as ofertas presentadas a mesa de contratación decantouse pola empresa Excavaciones Pose SL para executar este proxecto.

O importe de adxudicación da devandita obra ascende a contía de 87.844,76 euros, dos cales a Administración local aportará uns 50.000 euros, mentres que o organismo provincial achegará a diferencia. A dotación dunha nova rede de pluviais permitirá que non haxa asolagamentos neste lugar cando se produzan choivas de xeito intenso durante varios días.

A nova rede canalizará os pluviais do lugar de Biduído de Abaixo, para evitar que se produzan asolagamentos durante os meses de inverno e primavera.

Así, este lugar pasará a dispor dun servizo que é moi necesario para esta parroquia. Este proxecto contempla a canalización de 695 metros de tubaria de PVC, dos que 445 metros serán de 400 milímetros de diámetro e os restantes, 50 metros de 315 milímetros. Ademais haberá que realizar os correspondentes pozos de rexistro con sumidoiro na calzada. Antes de instalar as tubarias será preciso escavar as faixas polas que discorrerá a canalización. Unha vez instalada a rede de canalizacións procederase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom