Máis de 300 nenos e nenas participan na Escola de Verán
28 julio, 2010
A Concellaría de Educación puxo en marcha un ano máis a Escola de verán, un xeito lúdico e educativo de pasar as vacacións. Este servizo permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. Esta edición desenvolvese durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, exc epto festivos, en horario de 7.30 a 16 horas. O programa ofrece servizos de comedor con almorzo e xantar.
Trátase de facer unha oferta lúdico-educativa para que os 319 rapaces e rapazas que participan neste programa pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación. As actividades que se desenvolven xiran ao redor de grandes áreas como os sons da diversidade ou a seguridade viaria, pero tamén se tratan outro tipo de temas máis próximos á vida cotiá dos nenos e nenas. Todos estes temas abórdanse con material especifico para as idades dos rapaces participantes e van acompañados de exemplos gráficos, obradoiros e visitas didácticas que fan este programa de actividades moito máis atractivo.







Comentarios
¿Tienes algo que comentar?