Medidas en materia de seguridade para evitar delitos
28 July, 2010
Ante a vaga de roubos que se produciron nas últimas semanas nalgúns municipios da comarca, os responsables de seguridade do Concello de Ames puxeron en marcha diversas medidas co obxectivo de evitar que estes mesmo actos se produzan en Ames.
O rexedor municipal vén de convocar unha Xunta Local de Seguridade extraordinaria para tratar esta situación e reforzar o traballo preventivo. Preténdese deste xeito adoptar medidas preventivas, por parte dos corpos de seguridade, para evitar actos vandálicos. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, insiste en que se continúa na mesma liña de traballo, pero de xeito máis intenso para tratar de que non se produzan estes incidentes no termo municipal amiense.
Para estar alerta e previr que iso non suceda aquí no termo municipal amiense o alcalde pedíralle aos corpos de seguridade que incrementen aínda máis o nivel de precaución para evitar este tipo de actos.
A Policía local e a Garda Civil seguirán na mesma liña de actuación que está desenvolvendo ata este momento, pero elevando o nivel de traballo para estar alerta ante calquera situación anormal ou sospeitosa que se detecte.



Comentarios
¿Tienes algo que comentar?