Top

O Consello da Xunta aceptou a cesión da parcela destinada ao proxecto do IES de Ames

28 julio, 2010

Xa douse outro paso máis para que o proxecto do IES do Milladoiro comece a executarse antes de final de ano. O Consello da Xunta acordou, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Facenda, a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia da parcela EQ1 do sector S-16 Galdrachán. Actualmente o proxecto foi entregado polo equipo redactor. Unha vez estea supervisado e publicado o decreto de aceptación aprobado polo Consello da Xunta, solicitarase a oportuna licenza de obras. O rexedor municipal destaca que o proxecto xa estivo demasiado tempo paralizado polo que urxe que o antes posible sexa presentado no Concello para seguir coa súa tramitación.“Preocúpame que o proxecto do instituto do Milladoiro se presente no Concello o antes posible porque xa leva máis dun ano de atraso. O Partido Popular de Ames está empregando este tema como baza electoral e está freando a súa tramitación coa única intención de que eu non sexa o alcalde que inaugure o instituto do Milladoiro antes das próximas eleccións municipais”.

Posteriormente licitarase a obra, que ten que ser publicada no Boletín Oficial da Comunidade Europea, debido ao custe deste proxecto. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia ten unha partida presupostaria dun millón de euros reservada para a execución do instituto no que corresponde ao ano 2010. Segundo se desprende da información subministrada pola Xunta de Galicia o futuro instituto do Milladoiro constará de 16 unidades de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e 3 de Bacharelato. Este IES dependerá da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por ter conferida a competencia en materia de centros educativos.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom