Top

O Xacobeo 2010 enche de música e arte a capital de Galicia

29 julio, 2010

xacobeo 2010Ao Patrón vaille a marcha

Un ano que non se repetirá en once anos. Con esta lema arrancou hai uns meses o Xacobeo 2010, un evento mundial que seguirá traendo ata Santiago a miles de peregrinos de todo o mundo. Para compensar o camiño, visitantes e cidadáns de Compostela e toda Galicia poderán gozar durante os meses de verán dun programa único onde se une a arte, a música, a literatura… Tomando como escenario a cidade do Apóstolo, agosto arrinca co Xacobeo Classics: Gran Gala Lírica, que traerá ata aquí ás mellores voces nunha gala lírica inesquecible. Luar na Lubre e a banda inglesa de rock alternativo Muse pecharán un mes cargado de son. En setembro, o grupo canadiense Arcade Fire abrirá o esperado MTV Galicia 2010, unha madro evento de carácter gratuíto e a exposición “Santiago, a viaxe continúa” pechará o programa de actos programados en Santiago para estes dous meses de explosión musical e arte.

Xacobeo Classics: Gran Gala Lírica. Xacobeo 2010
04/08/2010
Palacio de Congresos e Exposicións, Santiago de Compostela
Camiño da Música
Maria Guleghina,Cristina Gallardo-Domâs, Desirée Rancatore, sopranos María José Montiel, mezzosoprano Marco Berti (debut en Galicia), Celso Albelo, tenores Leo Nucci, barítono Real Filharmonía de Galicia M.A. Gómez Martínez, director. Por Compostela desfilarán algúns dos mellores cantantes de hoxe, nun gala lírica como as que celebran os grandes teatros, como o Metropolitan de Nova York, en ocasións moi especiais. Nucci, Guleghina, Colombara, Berti, Gallardo-Domâs, baixo a batuta do único director español que dirixe habitualmente na Ópera de Viena, M. A. Gómez Martínez, ofrecerán un concerto seguramente inesquecible para os afeccionados á lírica con seleccións dalgunhas das máis soadas óperas.

Ciclo de concertos de Mine Kawakami
24/08/2010
Camiño da Música

A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea, nas súas paisaxes, nas súas xentes, nos peregrinos que ano tras ano o transitan e en todo o humano e espiritual que alaga o Camiño de Santiago. Baixo a súa mirada elegante e a sutileza á que xa nos ten afeitos, a pianista xaponesa evoca o Camiño de Santiago cunha posta en escena sinxela, un gran piano de cola e unhas imaxes especialmente recollidas este Ano Santo por un dos fotógrafos máis prestixioso de Xapón, Jiro Hirayama. Sons e estampas que farán as delicias dos espectadores nestas citas tan especiais de Mine Kawakami en Galicia, unha artista á que se lle recoñece o valor cálido, envolvente,terapéutico, máxico e evocador da súa música, a pianista da alma

Xacobeo Classics: Members of the New York Philharmonic Orchestra
13/08/2010
Camiño da Música

W.A. Mozart: “Quinteto para clarinete y cuerdas, KV. 581”
J. Brahms: “Quinteto para clarinete y cuerdas en si menor, op. 115”
Os membros das New York Philharmonic xorden do seo dunha das cinco grandes orquestras norteamericanas, a Filarmónica de Nova York, para interpretar música de cámara. Na súa primeira visita a Galicia, esta formación non só ofrecerá dous concertos con obras de Mozart e Brahms, entre outros compositores, senón que os seus integrantes impartirán sendas sesións de masterclass destinadas a mozos músicos dos conservatorios da comunidade.

Xacobeo Classics: Parsifal, de Richard Wagner
28/08/2010
Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Dentro do ciclo Xacobeo Classics.
Camiño da Música
Nikolai Shukoff (Parsifal) Violeta Urmana (Kundry)
Royal Liverpool Philharmonic (primera vez en Galicia)
Coro de la Ópera Nacional de Brno Vasily Petrenko, director Parsifal, a última obra mestra de Richard Wagner, un drama existencialista sobre a condición humana que nos últimos anos regresou con renovado interese aos principais escenarios operísticos, non se escoitou nunca en Galicia, ata agora. Xacobeo Classics proponse ofrecer a todos os afeccionados galegos e a aqueles que nos visiten estes días unha versión en concerto concibida exclusivamente para as celebracións musicais deste Ano Santo. A orquestra máis antiga de Gran Bretaña e o seu flamante director titular, Vasily Petrenko, chegan por primeira vez a Galicia para protagonizar esta histórica estrea. 

MTV Galicia 2010
5 de setembro
Monte do Gozo, Santiago de Compostela

Camiño da Música
MTV Galicia 2010, que será emitido dentro do espazo MTV World Stage, será un dos fitos de programación de Xacobeo 2010. Desenvolverase no Monte do Gozo e será un  macroevento de carácter gratuíto. O cabeza de cartel será o grupo canadense Arcade Fire.

Exposición: ‘Santiago, a viaxe continúa’ 
Ata o 24 de setembro
Santiago de Compostela
Camiño Infantil
A exposición versa sobre o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e as peregrinacións ata ela, mostrada dunha forma amena, con pezas audiovisuais ficcionadas sobre o Camiño de Santiago, realizadas con diferentes técnicas e formatos con imaxes virtuais e reais: videoclips, ilustracións, pezas de animación CGI, 2D e 3D, curtametraxe, etc. Todo iso visto a través de multipantallas, proxeccións holográficas, dispositivos adicionais… Ademais, a visita estará amenizada por un simpático personaxe, Xis, o peregrino virtual, que serve de guía aos visitantes en gran parte desta exposición didáctica e lúdica.

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom