Top

Asínase a escritura pública da cesión da parcela para a construción do IES

3 diciembre, 2010

convenio IES AMESA notaria de Ames, situada no Milladoiro, foi o lugar escollido pola Administración local e a Consellería de  Educación e Ordenación Universitaria para proceder a sinatura da escritura pública, pola cal cedese unha parcela á Xunta de Galicia, para a construción do IES do Milladoiro. Este acto tivo lugar na xornada de onte e nel  estiveron presentes o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o subdirector xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda, Pablo Jacobo Moure Parrilla. O novo IES construirase nunha parcela de 11.780 metros cadrados que está situada no EQ1 do sector S-16 (Galdrachán). Neste momento estase á espera de que remate o proceso de contratación do proxecto de construción do centro de ensino para que poidan comezar as obras.

A construción dun novo instituto dará resposta ás necesidades educativas dunha poboación en crecemento como é a do Milladoiro. Cómpre salientar que os mozos e mozas en idade de cursar estudos de ESO e de Bacharelato que viven neste núcleo de poboación vense obrigados na actualidade a trasladarse ao instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Coa sinatura da escritura de cesión gratuíta da parcela só resta que se adxudique o proxecto. A Xunta destinará 6.503.009,83 euros ata 2012 para a construción deste centro. Dende o goberno autonómico estímase que a duración das obras será de 18 meses. Cómpre lembrar que a Xunta de
Galicia ten unha partida presupostaria dun millón de euros reservada para a execución do instituto no que corresponde ao ano 2010 polo que as obras deberían comezar antes do remate do ano. Ademais os orzamentos de 2011, aprobados recentemente, reservouse unha partida de 1,9 millóns de euros para este proxecto

Te ha gustado? Compártelo:

Comentarios

¿Tienes algo que comentar?





Bottom