O BUZON DO ALCALDE
February 13, 2009
¿Que foi daquel proxecto de bulevar para a Travesía do Porto? Gonzalo D.
A urbanización da Travesía do Porto é para nós un proxecto prioritario, que tiñamos previsto executar este mesmo ano con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local, aprobado polo goberno do Estado. O 7 de xaneiro, a Xunta de Goberno Local acordou incluír este proxecto no grupo de obras que se financiarían con esta subvención. O problema é que este proxecto debe ser financiado, non só polo Concello, se non tamén polo resto dos promotores do sector. Esta condición xeraba certas dúbidas sobre a posibilidade de que estas obras puideran ser incluídas nese Fondo, polo que o goberno municipal remitiu unha consulta ao Ministerio de Administracións Públicas (administración encargada de xestionar este Fondo), comunicándonos finalmente a imposibilidade de recibir esta subvención para executar esa obra. De todos os xeitos reitero que, para o equipo de goberno, tanto a obra da Travesía do Porto como a do Parque Central do Milladoiro teñen carácter prioritario e que faremos o posible para atopar o financiamento necesario para poder inicialas dentro deste exercicio.
¿Que hai de certo respecto á construción dun novo edificio consistorial en Bertamiráns? Manuel González.
É certo que temos unha parcela reservada para elo, concretamente no ámbito urbanístico que está a carón da piscina cuberta de Bertamiráns, na marxe dereita da estrada Bertamiráns-Negreira. Xa iniciamos conversas con distintas administracións, e mesmo con colexios profesionais, para traballar no proxecto posto que, aínda que a casa consistorial actual é relativamente nova, non é posible adaptala ás necesidades dun concello como o noso que gaña case mil habitantes cada ano. Este enorme incremento de poboación ven acompañado da necesidade de máis servizos. Nos últimos tempos vímonos obrigados a alugar algúns locais situados preto da casa do Concello, ademais de empregar os despachos situados nas casas da cultura de Bertamiráns e de Milladoiro, e mesmo outros locais de titularidade municipal espallados pola nosa xeografía. Por todo elo iniciamos conversas coa Xunta, fundamentalmente coa Consellería da Presidencia, trasladando a urxente necesidade que ten o Concello de Ames de dotarse dunha casa consistorial acorde coas súas necesidades. A día de hoxe si podo adiantar que a idea vai ben encamiñada e que durante este ano imos traballar na fase de definir cómo debería ser o proxecto.
Mal funcionamento dos semáforos en Bertamiráns. A.Péndola Sieyes.
Teño que dicir que non nos consta ningunha queixa, polo menos a día de hoxe, sobre a necesidade de revisión ou control da programación dos semáforos, salvo algún comentario illado sobre un situado na Avda. da Maía de Bertamiráns, relativo ao pouco tempo que está en verde para os peóns, queixa que xa trasladamos á policía local para que comprobe a necesidade de modificalo. Entendo que esta pregunta, ao non concretar exactamente de qué semáforos se trata, se refira a este. A revisión e control dos semáforos faise de forma habitual e continuada, xa que hai unha empresa especializada á que temos contratado este servizo. Sen embargo, as suxestións e opinións dos usuarios/as son moi importantes para detectar calquera cambio de necesidades o calquera cambio de hábitos, tanto de tráfico de persoas como de vehículos.
Escoba de plata
October 8, 2008
O Concello acaba de recibir o premio Escoba de Plata,pero hai un lugar de Bertamiráns, concretamente o parque que está xunto á piscina municipal no que o lixo se acumula polo chan onde xogan os nenos. Quizais aos encargados de avaliar a este municipio esquéceselles pasar por alí. Javier Figueiredo.
Hai determinadas zonas do noso territorio que non están, de momento, baixo a competencia do Concello. Así ocorre coa zona que rodea a piscina municipal, esa dos edificios con módulos de coloríns na fachada. Este sector foi promovido por unha entidade privada que ten que entregarllo ao
Concello unha vez completadas as obras de urbanización totalmente, e cos servizos completos e en estado de funcionamento. A partir de aí, o Concello empezará co mantemento, limpeza viaria, recollida de lixo, etc. Pero, de momento, esta zona aínda non entra nas obrigas municipais.
Planta potabilizadora
October 8, 2008
Fala o señor alcalde dunha planta potabilizadora en Pontemaceira, pero para quen ¿para Ames ou para Negreira? Creo que antes de facer obras desa envergadura necesitamos ampliar a depuradora de Ortoño que se quedou pequena. O alcalde cobra ata 150.000 euros aos construtores para a ampliación, di, de dita depuradora. Se sacamos contas de todos os edificios novos que se construíron, non só se podería ampliar a depuradora senón construír dúas máis. ¿Onde vai o diñeiro que lles cobra aos construtores? Albert Rodríguez.
A planta potabilizadora é, fundamentalmente, para Ames, que xa ronda os 27.000 habitantes e non ten ben cuberta esta necesidade nin a tivo nunca. Recorde os cortes no suministro cando, hai aínda pouco tempo, nos suministrábamos de Teo. Tamén servirá auga a Brión, Concello limítrofe e que tamén necesita deste servizo. Nada ten que ver que fagamos un abastecemento de auga tan necesario, coa depuradora de augas residuais de Ortoño e as súas futuras necesidades de ampliación. Son dúas cousas completamente distintas e, no mellor dos casos, complementarias. Aínda non se cobrou cantidade algunha ás empresas promotoras para dotación dos necesarios servizos públicos para as vivendas que
eles constrúen. A obriga de contribuír a estes servizos ven determinada polo Plan Xeral (que non foi aprobado por este Goberno nin por este alcalde, por certo). Si os promotores que obteñen un lucro moi importante coa construción e venta das vivendas non sufragar os servizos necesarios, ¿quen os
debe sufragar? ¿Os veciños e veciñas que non obteñen lucro algún? ¿Debemos pagar entre todos estas infraestruturas que se fan necesarias para uns desenvolvementos que benefician
economicamente a uns poucos?
Plan Metropolitano de Transporte
October 8, 2008
¿Cando está previsto sinalar as rúas cos seus nomes? ¿Que pasa co transporte metropolitano? Non se colocaron os horarios nas marquesinas, elimináronse autobuses…
Alejandro Pendola.
A sinalización das rúas e lugares do noso Concello acaba de empezar a executarse. Xa se poden ver moitos soportes instalados ao longo do noso territorio. Nas próximas semanas completarase a sinalización total, incluídas as rúas dos dous núcleos máis grandes. Sobre o transporte
metropolitano, podo dicirlle que na tempada de verán redúcese a frecuencia de algunhas liñas xa que baixa a demanda ao non haber colexios nin actividades académicas a todos os niveis. Ao chegar setembro, as frecuencias dos autobuses volven aos horarios de inverno. Agora preséntase un novo Plan Metropolitano de Transporte que ten o obxectivo de mellorar diversos aspectos sobre os que os representantes dos Concellos nos queixamos con insistencia.
La cantidad de locales que han cerrado en lo que va de año
August 4, 2008
Estimado alcalde:
Un estudio publicado recientemente señala que el municipio de Ames creció comercialmente en 2007 más que Santiago de Compostela, pero sinceramente pienso que los cierres son continuos. Sólo hay que darse una vuelta por Milladoiro y Bertamiráns para ver que la cantidad de locales que han cerrado en lo que va de año. Natalia Martínez. Bertamiráns.
En todos los sitios y en todos los sectores hay un porcentaje de fallidos, que bien no obedecen a una demanda real de la ciudadanía o bien no se ha estudiado suficientemente el tipo de negocio que se va a abrir y sus posibilidades de futuro. En nuestro caso el crecimiento es real, con más auge cada día. Cuando llegué a la alcaldía y en Bertamiráns se planteaba abrir un Champión (ahora Carrefour) yo pensé “pero donde vamos,
no hay negocio para todos”. A ello le ha seguido Mercadona, Supercor… La clave es consolidar poblaciones de verdad, con clientes y demandantes. A pesar de que hay una situación de crisis y va a haber negocios que terminarán cerrando, confío en que al poco tiempo abran otros.
Alternativa local a la Nacional 550
August 4, 2008
Estimado alcalde:
En febrero anunció que el Concello de Ames estudiaba construir una alternativa local a la Nacional 550 a su paso por Milladoiro. ¿En qué ha quedado todo? ¿En un anuncio? Nicolás Padín. Ames.
Por una parte está el proyecto del Ministerio de Fomento, anunciado por el presidente Emilio Pérez Touriño y la Consellería de Política Territorial hace unas semanas, el cual se enmarca dentro del Plan Director de Estradas de Galicia, actualmente en exposición pública. Por otra, y como ya dije, la actual autovía Santiago-Ames-Brión, y su ramal local de Pardiñas-As Galanas beneficiaría al tráfico de Milladoiro, y ahí están los datos de la Policía Local y Tráfico para demostrarlo. Aún así, desde el Concello se estudia una alternativa local paralela a la autopista. Pero hay un problema añadido: no es fácil construir la variante sin afectar en alguna medida a Santiago y en mayor parte a Teo.
Esto es lo que hace que se ralentice, ya que tiene que ser una acción coordinada con otros ayuntamientos.
Presenza policial en Milladoiro
June 19, 2008
Señor alcalde:
Ultimamente notamos máis presenza policial en Milladoiro. Iso está ben, sempre e cando os axentes que nos visitan non o fagan só para cosernos a multas. Gustaríame que nos facilitase os datos de cantas multas se puxeron en Milladoiro e cantas en Bertamiráns nos derradeiros meses, xa que estou seguro que os de Milladoiro levamos o primeiro posto. J. P. Gerpe.
A maior presenza da policia local no Milladoiro (e no resto do concello) obedece ao importante crecemento no número de efectivos levados a cabo polo concello nos últimos anos, chegando a duplicar o número de membros inicial. Polo que respecta ás denuncias de infraccións en materia de circulación vial pódolle dicir que é escasísimo en todo o termo municipal e que, dende logo, como alcalde non permitiría baixo ningún concepto que houbese discriminacións xeográficas entre un lugar e outro.
Rúa Cruxa
June 10, 2008
Estimado alcalde:
Recentemente vimos como a rúa Cruxa pasaba de ter dous carrís a tres, unha barbaridade se temos en conta que se trata dunha rúa urbana moi transitada, pequena e que agora conta cun carril máis que a xeral Rosalía de Castro, que con só dous carrís foi testemuña ao longo dos anos de mortes e atropelos. Os comerciantes desta rúa facémonos varias preguntas. ¿ A que resposta este cambio? ¿Trátase dunha maniobra política para favorecer os intereses dalgunha cadea comercial recén instalada en Milladoiro? Se algún día un dos nosos fillos cruza esta “gran vía” e é atropelado ¿a quen teremos que pedir responsabilidades? Comerciantes da rúa Cruxa de Milladoiro
O paso de dous a tres carrís de circulación responde á necesidade de favorecer o tránsito de vehículos de saída de todo un conxunto de rúas de O Milladoiro que viñan formando atasco e longas colas, especialmente en horas punta. O feito de que a Rúa da Cruxa sexa practicamente a única saída da parte oeste do Milladoiro que permite acceder á N-550 nos dous sentidos de circulación, así como a aparición de novas zonas residenciais na zona leste, con acceso dende Santiago a través da Rúa Cruxa, fixo necesario contar con tres carrís, un que permita o xiro directo á dereita, outro que permita o xiro directo á esquerda e un no medio que permita a saída frontal atravesando a N-550. O certo é que a solución adoptada ven demostrando o acerto da mesma, xa que agora non se producen tapóns de tráfico nin longas e ruidosas caravanas de vehículos en colas de espera. O actual goberno municipal de Ames non permite ningunha manobra que favoreza os intereses comerciais particulares, se non que actúa dende o punto de vista común e colectivo.
¿Estamos seguros?
March 27, 2008
O pasado mes de decembro puiden ler que a Garda Civil detivera en Milladoiro a un grupo de mozos supostamente implicados nunha rede de extorsión para o cobro de débedas polo impago de drogas. ¿Estamos seguros? (Luis Argibay. Ames)
Coido, sinceramente, que non temos motivos para unha alarma esaxerada. Como sempre, si hai que ocuparse e preocuparse, non baixando a garda en ningún momento. É certo que por moita vixianza que teñamos nunca será demasiada. Pero tamén é certo que o nivel de vixianza, seguemento e control que exercen coordinadamente a Garda Civil e a Policía Local, é moi aceptable. Nos últimos anos vivimos un forte incremento de efectivos na Garda Civil e na Policía Local, o que tamén se notou e se nota na presenza nas rúas. Os éxitos en detencións e desarticulación de grupos delincuentes dan fé.


