Xa somos 28.000 habitantes
February 12, 2010
Un ano máis, Ames é un dos municipios galegos que máis medra demograficamente. Os primeiros datos estimativos aproximan o municipio aos desexados 30.000 empadroados que se espera conseguir no 2011. Para ser máis exactos, existen xa 28.036 amienses censados ata este decembro de 2009, o que supón un aumento de máis de 1.000 persoas dende os datos do ano anterior publicados polo Instituto Nacional de Estatística: 26.983 habitantes. Cabe destacar a prosperidade deste municipio no que se rexistraron 300 novos nacementos, mentres que as defuncións quedáronse en 90 rexistros. Dentro da poboación amiense, o 63,59% do total correspóndese coa franxa de 20-59 anos, o que imprime ao concello de Ames unha ampla rede de persoas en idade de traballar. Así mesmo, a media de idade móvese un período máis entre os 30 e 39 anos. Nos últimos tempos Ames converteuse en lugar de destino da migración interna de Galicia e tamén de arredor de 50 nacionalidades máis, principalmente das áreas de América Latina, de África e de Europa do este, que xa supoñen un colectivo en auxe dentro da pirámide de poboación. Ames destaca pola paridade en canto a sexos. Se falamos de demografía, tan só existen dous puntos de diferenza entre os homes e as mulleres: os primeiros representan preto de 49% da poboación, mentres que elas arredor do 51%. O Concello ademais pode presumir de ter catro veciños centenarios. Os mozos e mozas que residen no Concello, comprendidos entre 0-19 anos, representan o 22,66% da pirámide demográfica. O 34,8% da poboación está por debaixo dos 30 anos, e xa se engadimos tamén aos menores de 40 anos esta porcentaxe dispárase a máis da metade dos amienses, o 57,1%.
El IES de Ames conciencia a sus alumnos sobre los efectos del alcohol
February 12, 2010
Concienciar sobre los efectos negativos del alcohol y otro tipo de estupefacientes. Esta fue la finalidad de una jornada realizada por alumnos de primero y segundo curso de ESO del IES de Ames. La actividad se enmarcó dentro del Plan de Prevención de Drogodependencias que lleva a cabo el Concello en colaboración con los consistorios de Brión y Negreira. Los estudiantes hicieron diferentes actividades entre las que destacaron unas gafas que producen una sensación de embriaguez, y con las que intentaron caminar en línea recta o abrir un candado, comprobando de primera mano la pérdida de reflejos que produce el abuso de cualquiera de estas sustancias. La actividad continúa en febrero y la realizarán también alumnos de tercero de ESO y del Programa de Cualificación Profesional Inicial. Las gafas utilizadas en los talleres de simulación equivalen a una tasa de alcohol en sangre de 0,8 y 1,2 gramos por litro, es decir, aproximadamente el efecto de 6 u 8 copas de alcohol. Con esta actividad se pretende concienciar a los jóvenes de la importancia sobre el consumo de estas sustancias y prevenir la aparición de problemas relacionados con el mismo.
Os contribuíntes poderán pagar os seus impostos a través da banca electrónica
February 12, 2010
O alcalde de Ames, o concelleiro de Reforma Administrativa e o director territorial de Santiago de Compostela da Caixa de Aforros de Galicia asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a cidadanía amiense poderá empregar o portal financeiro desta entidade bancaria para poder facer o pagamento dos tributos recadados pola Administración local. O goberno municipal está traballando para que nas vindeiras semanas se poida ampliar este servizo con outras entidades bancarias. Este é a primeira medida que se adopta de cara a creación dunha Oficina Virtual Tributaria.
Os contribuíntes poderán realizar varias operacións como obter información dos recibos ou liquidacións que pagasen dende a entrada en vigor deste convenio, sempre que o pagamento se efectuase mediante a empresa Gestión Tributaria Territorial (GTT), que é a adxudicataria do servizo de recadación municipal. No momento da adxudicación deste servizo a GTT estableceuse que esta compañía sería a encargada de poñer en marcha unha oficina virtual tributaria. Deste xeito todos os veciños e veciñas de Ames poderán realizar todas as xestións relacionadas co pagamento de impostos dende a rede. Tamén se prestará información e daranse facilidades como o fraccionamento do pagamento, facilitando ao contribuínte a posibilidade de atender as súas obrigas tributarias do xeito máis cómodo posible. Por outra banda poderase consultar a información relativa aos recibos ou liquidacións pendentes de pagamento que están en período voluntario; o pagamento de recibos ou liquidacións pendentes de efectuar a través do Caderno 60; o pagamento de recibos pendentes de pagar en período executivo; domiciliación de recibos; acceso aos obxectos tributarios de titularidade do contribuínte; consulta da situación dos expedientes administrativos da súa titularidade e realización de autoliquidacións de ITVM.
El Concello colabora con Arcea Adames
February 12, 2010
El Concello de Ames acaba de aportar a Arcea-Adames la cantidad de 6.500 euros, importe que la asociación de discapacitados amienses destinará para sufragar los gastos de trasporte de material ocasionados durante el pasado año. Los alumnos de este taller ocupacional, que nació en 2003, producen distintas piezas de hierro con las que aprovisionan a diferentes empresas de Galicia. El alcalde de Ames, Carlos Fernández, y el presidente de Arcea, Juan Sastre Serrano, fueron los encargados de firmar este acuerdo. No es la primera vez que el consistorio ayuda a este organismo ya que durante 2009 la asociación recibió, entre otras, una ayuda municipal de 5.180 euros. El acuerdo deja abierta una vía de colaboración en los próximos años, y por eso desde el Concello se han comprometido a incluir en los presupuestos del 2010 el crédito suficiente para “amparar o gasto derivado da subvención”. En todo caso, a efectividade de tales compromisos quedará supeditada á sinatura do correspondente convenio, no que as obrigas das partes queden claramente especificadas, sen que simple inclusión da partida orzamentaria xere dereito algún a favor da asociación”, según informaron.
Presentan 13 proyectos para el Fondo Estatal de Inversión Local
February 12, 2010
El BNG de Ames considera que los 2,7 millones de euros que corresponden al Concello dentro del Fondo Estatal de Inversión Local “son unha boa ocasión para implementar actuacións que promovan a sosteñibilidade económica, ambiental e social”. Por ello ha presentado trece proyectos dirigidos, según explican, a mejorar las redes, infraestructuras y tecnologías de la información del consistorio, a modernizar la administración local y a aumentar la sostenibilidad medio ambiental y social. Así, proponen que se destine un 20% al saneamiento y abastecimiento rural, especialmente en las parroquias de Trasmonte y Piñeiro, así como llevar a cabo un proyecto de mejora integral de los centros socio-culturales de las parroquias, “dotándoos de calefación, acceso a Internet, mobiliario, ordenadores, e
un proxecto de beirarrúas en Cobas e Biduido”.
En cuanto a la sostenibilidad social, las propuestas de los nacionalistas pasan por la elaboración de un plan de barreras arquitectónicas y otro de dotación de energía solar térmica en los pabellones municipales y otros edificios públicos, así como por la creación de un carril bici y de parques biosaludables en Milladoiro y Bertamiráns. Por todo ello, el portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fernández, ha remitido un escrito al alcalde de Ames, Carlos Fernández, proponiéndole la convocatoria de una comisión informativa de Urbanismo o de la Xunta de Portavoces para tratar este asunto.
Las bibliotecas baten récord de asistencia
February 12, 2010
Las bibliotecas Ames recibieron más de 40.000 visitas durante el pasado año. Un total de 25.896 se registraron en el local de Milladoiro, mientras Bertamiráns contó con 14.040. Además, el número de socios se ha visto incrementado en 300, por lo que en la actualidad son 4.403 usuarios los que disfrutan de estas instalaciones. Hay que destacar también que las bibliotecas municipales han incrementado en 1.303 los documentos de sus salas de lectura. En cuanto a los préstamos se realizaron 21.947, siendo los best seller, tanto en gallego como en castellano, los que ocuparon el mayor número de puestos. La media de préstamos ha sido de cinco documentos por socio. Además, las bibliotecas organizaron otras actividades como la denominada “Un mar de lecturas”, gracias a la cual los amienses disfrutaron de un acercamiento a la lectura con una serie de talleres y visitas. Finalmente hay que destacar que la biblioteca de Ames es la tercera municipal con el catálogo más consultado dentro de la Red de Bibliotecas de Galicia. Esta conexión permite intercambiar información con otros centros gracias a los préstamos inter bibliotecarios a nivel autonómico, nacional e incluso internacional.
Iniciase o proceso de contratación para reurbanizar a rúa Travesa
February 12, 2010
A Xunta de Goberno local aprobou o inicio do expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa Travesa situada no Milladoiro. Este proxecto está sufragado integramente pola Deputación da Coruña a través don Plan anticrese posto en marcha polo organismo provincial e mediante o convenio denominado “O Milladoiro o que está por ver”. O custo das obras ascende á cantidade de 358.375 euros, IVE incluído. Deste xeito ampliaranse as beirarrúas e construírase un parque infantil co obxectivo de converter esta rúa en peonil. A través deste proxecto preténdese humanizar unha das principais rúas do Milladoiro e convertela nunha vía peonil. As obras consistirán na construción dun parque infantil na zona superior da rúa que conecta coa rúa Agro do Medio e a ampliación das beirarrúas. Na zona inferior desta rúa deixarase unha vía de tres metros de ancho para facilitar o transito ocasional dos vehículos co fin de que os coches dos veciños e veciñas que residen neste lugar poidan acceder aos seus garaxes. Deste xeito eliminarase o transito rodado nesta zona e será unha rúa exclusivamente peonil. O proxecto recolle a demolición dos pavimentos existentes e a modificación total da sección existente creando un espazo eminentemente peonil en todo o contorno deixando un só carril de acceso e saída dos garaxes privados existentes nas edificacións. Este carril terá un acabado de formigón e contará cun ancho de tres metros. Esta vía está destinada a dar servizo aos veciños e veciñas que residen nos edificios desta zona, pero só terá un transito rodado ocasional. Esta actuación acometerase na parte inferior da rúa que conecta coa rúa Anxeriz. Ademais ampliaranse as beirarrúas pasando a ter un ancho de seis metros. Estas modificación levaranse a cabo nun tramo da rúa que comprende arredor dos 16 metros de lonxitude. Co obxectivo de humanizar este lugar tamén se plantarán varias especies de árbores.
Entréganse os premios do IV Concurso de Escaparatismo
February 12, 2010
O salón de Plenos da Casa do Concello foi o escenario escollido para celebrar o acto de entrega dos premios do IV Concurso de Escaparatismo. Os galardoados recibiron os premios das mans do alcalde de Ames, Carlos Fernández, e da concelleira de Promoción Económica, Úrsula Seijas. A tenda do agro Labralia, primeira clasificada, recibiu 800 euros, K&C Perfumería, que obtivo o segundo posto, levou 600 euros, e Núa Moda foi premiada con 400 euros ao acadar a terceira posición. O IV Concurso de Escaparatismo pon definitivamente o seu punto e final este ano cun acto no que se fixo entrega dos premios aos tres gañadores. Os galardoados déronse a coñecer o pasado 17 de decembro despois da correspondente valoración do xurado. Os tres establecementos recibiron un premio económico, un certificado que os recoñece como gañadores deste certame e, ademais, gozarán dun mes de publicidade gratis por cortesía de Ames Radio. Un ano máis confirmouse a boa acollida deste certame no que participaron 25 establecementos de todos os sectores, dende o téxtil ou o agro, ata perfumerías e comercios de electrodomésticos. Durante varias xornadas, os participantes prepararon os seus escaparates para que o xurado quedase sorprendido pola súa creatividade e o seu bo gusto e así optar a un dos galardóns que repartía este ano o concurso.
Promueven una campaña en favor de la igualdad en las tareas del hogar
February 12, 2010
El Concello acaba de solicitar una ayuda a la Diputación de A Coruña por un importe de 40.000 euros para poner en marcha una campaña para fomentar políticas
de igualdad entre los hombres y las mujeres y para luchar contra la violencia de género. Con ella se pretende, además, inculcar responsabilidades compartidas en las tareas domésticas, el cuidado de los hijos y familiares dependientes. La campaña publicitaria, que lleva como lema “Corresponsabilidade!!! por qué non empezas por ti?”, consistirá en un spot televisivo y una cuña de radio que serán emitidas en los diferentes medios de comunicación, tanto a nivel local como autonómico. El programa, puesto en marcha por el departamento de Benestar Social, tendrá un coste final de 44.120 euros.
A Madalena celebra o seu quinto aniversario
February 12, 2010
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, achegouse recentemente a O Milladoiro para festexar co persoal da escola infantil municipal A Madalena o quinto aniversario deste centro de ensino. O 13 de decembro de 2004 a escola abría as súas portas por primeira vez. Dende ese día foron moitos os nenos e nenas que pasaron polas aulas deste centro de ensino. A Madalena é de titularidade municipal e está xestionada polo Concello. Este centro ofrece servizo a nenos e nenas que teñen unha idade comprendida entre os tres meses e os tres anos. Ademais desta existe outra escola infantil municipal en Bertamiráns, O Bosque.


