Top

Novas dependencias para a Garda Civil en Milladoiro

October 8, 2008

cuartel.jpg 

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o Capitán da Terceira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José María Eceiza, fixeron efectiva a sinatura do convenio na Casa do Concello. No acto tamén estivo presente o Comandante de Puesto Principal do Milladoiro, José Manuel Leis. O acordo establece a entrega das novas dependencias da Garda Civil, que complementarán ao local actual para ofrecer un mellor servizo. A administración local correrá a cargo do aluguer por un período de dous
anos, sendo a Dirección Xeral da Garda Civil quen se faga cargo da renda a partir de entón. A propia Garda Civil, a través dos orzamentos asignados á Comandancia de A Coruña, farase cargo das obras de acondicionamento do novo local.

Seguir leyendo

Aprender e xogar. Bos Dias Cole y Tardes Divertidas

October 8, 2008

bos-diascole.jpgUns 2.500 nenos participaron nos programas de conciliación da vida laboral e familiar en Ames.

O número de participantes medrou en cada unha das programacións lúdicas que ofertou a Concellaría de Educación.

A Concellaría de Educación oferta ao longo do curso programas de conciliación da vida laboral e familiar. Trátase da rede municipal de comedores escolares, os servizos Tardes Divertidas e Bos Días Cole, as programacións lúdicas nos meses de xuño e setembro, no Nadal e na Primavera, así como a Escola de Verán. Preto de 2.500 nenos de entre tres e doce anos participaron nos distintos programas  destinados a facilitarlle a vida aos pais e nais traballadores. Para o vindeiro curso aumenta o número de prazas.

Uns 2500 nenos e nenas participaron durante o curso 2007- 2008 nos distintos programas de conciliación da vida laboral e familiar que pon en marcha a Concellaría de Educación e Servizos Complementarios en distintas épocas do ano. Neste sentido hai que ter en conta que aumentaron os datos de participación e a Concellaría tivo que realizar un esforzo de xestión para permitir a entrada de todos os solicitantes e responder ás incompatibilidades laborais que se presentan no día a día das familias amienses.

Ao longo do curso son tres os servizos que se ofertan en paralelo ao desenvolvemento normal das clases: a Rede municipal de comedores, as Tardes Divertidas e os Bos Días Cole. No curso 2007/2008, uns 650 rapaces comeron con regularidade no servizo de comedores escolares. As prazas ofertadas para o curso 2008-2009 aumentan ata as 860 e ademais, o servizo contará neste curso con dúas cociñas. O
CEIP Agro do Muíño seguirá albergando a actual cociña que preparará os menús para este mesmo centro e para o CEIP Bispo Guerra Campos de Bertamiráns. A nova cociña instalarase na Escola De Educación Infantil Milladoiro, e prestará servizo a este mesmo colexio e máis ao CEP de Ventín. En cambio ao servizo Bos Días Cole, mediante o que se ofrece aos cativos o almorzo e diversos xogos antes de entrar nas aulas, contou no período escolar 2007-2008 con 100 usuarios fixos. Para o vindeiro curso amplíase o número de prazas ofertadas ata 300. E seguindo a mesma liña, aumentarase o número de prazas ata 160 no servizo Tardes Divertidas.

Programacións lúdicas
Ademais dos servizos dispoñibles durante o desenvolvemento das clases, a Concellaría de Educación oferta programas lúdicos nos períodos de vacacións dos centros escolares. O nome destes lúdicos indícanos as datas nas que se desenvolven. Así, organízase o Setembro Lúdico, Nadal Lúdico, a Primavera Lúdica (coincidindo coas vacacións de Semana Santa) e o Xuño Lúdico. A Escola de Verán, por outra banda, desenvólvese nos meses de xullo e agosto.

Os diferentes programas lúdicos, ademais de permitir aos pais e nais asegurarse de que os seus fillos e fillas van a estar ben coidados e atendidos, contan cun programa de actividades que compatibiliza o entretemento e a diversión coa aprendizaxe. Os nenos e nenas participan
en obradoiros, xogos de cooperación e  realizan diferentes saídas e visitas para coñecer o seu contorno ao mesmo tempo  que interaccionan cos seus compañeiros, sempre acompañados de monitores. O Concello habilita diferentes espazos para  desenvolver este servizo, que se organiza nas dúas localidades principais de Ames, Bertamiráns e O Milladoiro.

Menús coidados 

A alimentación dos nenos e nenas é unha preocupación constante dentro da Rede Municipal de Comedores á hora de deseñar menús sans e nutritivos vixiando
sempre as alerxias e incompatibilidades alimentarias dos cativos e cativas. Todos estes detalles mantéñense nos menús que se ofrecen nos programas lúdicos. No mes de maio a Concellaría deu un paso máis no coidado da calidade dos pratos  que comen os pequenos e pequenas coa introdución dalgúns alimentos de produción natural nos menús dos comedores da Rede municipal. Estes produtos son subministrados por labregos e labregas do programa de agricultura sostible do Concello de Ames, Rois, Dodro e Brión, o Proxecto Amorodo. Nos diferentes comedores da Rede Municipal o alumnado aprende hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como unhas normas básicas de respecto, tolerancia e convivencia.

Textos: Concello de Ames / Foto: Archivo

Festa rachada. vV Festa da Mocidade

October 8, 2008

mocidade.jpgÉxito na quinta edición da Festa da Mocidade

A V edición da Festa da Mocidade tomou as rúas e prazas do Milladoiro durante tres días e superou amplamente todas as expectativas de participación. Ao redor de 3000 persoas vibraron o venres 12 de setembro coa mestura de pop, rock e folk do grupo valisoletano Celtas Cortos, que abriu a festa ás 22.30 horas. Foi a apertura de luxo para unha fin de semana na que os rapaces e rapazas amienses puideron gozar con diversas actividades e atraccións, organizadas pola Concellaría de Mocidade. Esta festa serviu, ademais, de importante escaparate e axente dinamizador da hostalaría do  Milladoiro.
A mocidade de Ames mobilizouse na súa fin de semana. Milleiros de mozos e mozas achegáronse ata o Milladoiro para gozar da música, das atraccións e as diversas actividades que protagonizaron a quinta edición da xa tradicional Festa da Mocidade. A Travesía do Porto encheuse o venres, a partir das 22.30 horas, do característico son do grupo Celtas Cortos. Os valisoletanos non decepcionaron aos preto de 3000 fans congregados no concerto, que serviu de apertura á V Festa da
Mocidade.

Xa o sábado, os rapaces e rapazas amienses quixeron despedir o verán por todo o alto, cunha xornada festiva na que puideron gozar en atraccións como o touro mecánico, os inchables, o rocódromo, o rappel ou a tirolina. Ademais, puideron acudir ao encontro de graffiteiros e aos obradoiros de globoflexia e maquillaxe, ou participar en xincanas e xogos tradicionais. Con todo, o maior éxito foi para os paseos en quad e o paintball, destinados a mozos e mozas a partir de 12 anos.

O domingo foi a quenda do deporte, coa celebración, a partir das 11 da mañá, da terceira Olimpíada de Ames. 9 equipos de fútbol e 6 de baloncesto competiron e amosaron as súas destrezas nas pistas exteriores do complexo deportivo do Milladoiro. Ao tempo que se encestaban canastras e se marcaban goles, os afeccionados do ciclismo pedaleaban nunha xincana celebrada no aparcadoiro público deste complexo. Todas estas actividades remataron ás 14.30 horas, coa entrega de premios aos finalistas, que correu a cargo da concelleira de Mocidade, Patricia Conde, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto. A V Festa da Mocidade estivo tamén nas ondas, a través da sintonía de Ames  Radio. Os tres días de Festa transcorreron con total normalidade, en parte grazas á boa coordinación levada a cabo pola Concellaría de Mocidade e ao traballo de 23 voluntarios. O Concello reforzou, ademais, o servizo de limpeza viaria no Milladoiro, para conxugar o lecer e a diversión cun correcto estado das rúas e o normal desenvolvemento do día a día dos veciños. Non faltou un dispositivo especial de seguridade, con numerosos efectivos da Policía local de Ames, a Garda Civil e Protección civil, que velaron polo bo funcionamento da festa.

Textos: Concello de Ames / Fotos: Luchi Gorostiza
 

El consistorio promueve un sistema municipal de alertas de mensajes al móvil

October 8, 2008

El servicio de mensajes al móvil que promueve el Concello ha incrementado notablemente el número de usuarios en los últimos meses. Son ya muchas las personas que reciben noticias en su teléfono a través de alertas. Gracias a este sistema los vecinos que lo deseen reciben en su teléfono información sobre el municipio. El consistorio amiense acaba de poner en marcha una campaña para informar a todos aquellos que no conocen este servicio, de carácter gratuito e inmediato, de las ventajas que supone estar informado. Para ello, se han editado 15.000 folletos que pueden encontrarse en los distintos locales municipales. Todas aquellas personas que deseen tener más información de este servicio podrán hacerlo a través del departamento de Comunicación Social, situado en la Casa da Cultura de Bertamiráns, o bien llamando al número de teléfono 981 883 002 o a través del correo electrónico prensa@concellodeames.org. El Concello utiliza este sistema, principalmente, para avisar de eventos, convocatorias, plazos, actividades etc.
En los mensajes se especifica la hora, el día, el lugar etc de la actividad. El objetivo fundamental es que los vecinos de Ames conozcan las diferentes ofertas de ocio que promueve el Ayuntamiento.

Los nacionalistas solicitan a los miembros del pleno que apoyen la lengua gallega

October 8, 2008

Los nacionalistas de Ames presentaron una moción en el pasado pleno del 25 de septiembre para proponer «o apoio ao manifestó pola convivencia lingüística e a igualdade de deritos para o galego». Según argumentaron, en los últimos meses se había iniciado una campaña para alertar sobre el peligro que corría el  castellano, cuyos «falantes son discriminados no noso país». Con ella se pretendía, a su juicio, convencer a la opinión pública del riesgo de desaparición de la lengua castellana.
Además, indicaron que «un grupo de persoas, representativo de diferentes sectores da sociedade galega, está a impulsar un documento titulado Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que pretende ser, en afirmacións dos seus promotores un chamamento á igualdade de dereitos para o galego e un chamamento á convivencia lingüística».
El documento, argumentaron, está  siendo apoyado por miles de gallegos y decenas de entidades sociales que «consideramos que é precisamente o noso idioma , o galego, o que está correr un grave perigo». Por ello, solicitaron al pleno que se adhiriese a este manifiesto.

O Concello contrata unha técnica de urbanismo para aplicar as normas do Hábitat

October 8, 2008

A nova técnica de urbanismo asesorará ás persoas que constrúan a súa vivenda no marco das normas do Hábitat co fin de facilitar a súa comprensión e cumprimento. Ao fío da nova conxuntura é destacable que o 100% das solicitudes para construír vivendas colectivas en Ames no que vai de ano realizáronse dende a publicación no DOG das normas do Hábitat o 17 de xaneiro. Estes datos falan dunha indiscutible influencia das novas normas de habitabilidade sobre o urbanismo amiense. O
cambio notouse claramente nas vivendas en edificio colectivo, xa que as promotoras coñecedoras das modificacións que ía supoñer a nova lexislación apuraron os trámites para realizar a solicitude. De feito, dende a entrada en vigor das normas o 17 de abril deste ano non chegou ningunha solicitude de licenza para vivendas en edificio colectivo e si entraron 10 peticións de permiso de obra para vivendas unifamiliares.

As normas do hábitat obrigan a cambiar conceptos. Algunhas das modificacións destacables son que todas as vivendas deberán ser exteriores, ao mesmo tempo que se amplían as superficies útiles perdendo terreo aproveitable e reducindo o número de vivendas nunha mesma superficie. Cambia a configuración dos espazos interiores, as dotacións mínimas de instalacións na vivenda, e é necesario aplicar medidas de aforro enerxético e reciclaxe, como a dotación dun sistema de reutilización de augas pluviais e grises. As tarefas da técnica serán asesoramiento técnico aos afectados, confección de informes para a tramitación das licenzas de edificación e o control no cumprimento destas licenzas de primeira ocupación. Para iso, a administración local conta cunha subvención da Consallería de Vivenda.

El PP acusa al gobierno de cerrar las puertas a posibles inversiones

October 8, 2008

Los populares de Ames consideran que la falta de gestión del alcalde, Carlos Fernández, ha supuesto, «unha vez máis», la pérdida de un servicio importante para el municipio. En este caso se trata de un Centro de Daño Cerebral promovido por una empresa privada relacionada con la asistencia a personas con dependencia. En el escrito, el PP argumenta que el pasado 21 de julio un  presentante de la empresa «reiterou no Rexistro Xeral do Concello un escrito no que manifestaba a intención de
realizar importantes inversións para instalar dito centro». En él, añaden, se señalaban entre otras cosas que «facía un mes que presentaran un escrito solicitando unha entrevista co alcalde de Ames para expoñerlle a posibilidade de ubicar no noso Concello un centro». Además, con anterioridad a estos escritos, representantes de la empresa habían mantenido diversas conversaciones con el teniente de alcalde y la arquitecta municipal «co fin de expor o proxecto», el cual cuenta «coa aprobación das consellerías de Sanidade e Vicepresidencia». Asimismo, y según los populares, se
trasmitió en todo momento al Concello que en caso de no recibir respuesta en un plazo breve, la empresa plantería llevar el proyecto a otros municipios como Boqueixón, Brión o Val do Dubra. Todo ello manifiesta que «o alcalde non ten equipo e non ten capacidade de xestión » El Partido Popular considera «unha ousadía que se faga un impresionante despliegue publicitario anunciando actuacións que non teñen nin recursos económicos nin proxectos, como o de «O Milladoiro o que está por ver» ou o de «Bertamiráns o que está por ver», por exemplo». Así, recuerdan que es
necesario que el equipo de gobierno genere tejido productivo «como o desenvolvemento do polígono de Pegariños».

El BNG pide más espacio en el centro de salud

October 8, 2008

El retraso en la apertura de las nuevas oficinas municipales de Milladoiro es la causa de la «saturación e deterioro do centro de saúde do Milladoiro», según los nacionalistas de Ames. Así, argumentan que una de las razones por las que piden que se abran lo antes posible es porque de esta manera se podrá ampliar el centro sanitario y mejorar la asistencia al público. Mercedes Vidal recuerda en su comunicado que « as oficinas novas do concello no Milladoiro foron adxudicadas en xuño do 2006, e en varias ocasións o alcalde anunciou que o espazo que
quedara libre sería cedido, de xeito inminente ao Sergas para a ampliación das consultas. Pasados mais de dous anos, as oficinas ainda non se trasladaron, e a situación no centro de saúde complicase até facerse insostible para os profesionais e os usuarios». Según Vidal han sido en esta ocasión los propios pediatras los que hicieron llegar al BNG su preocupación a través de un escrito donde  destacan que «prometerasenos a ampliación da area de consultas pediátricas nos locais que ten o Concello no edificio lindeiro, feito que ia suceder, todo máis tardar, en decembro de2007. Nada de isto se materializou». Por su parte, fuentes del Concello declararon que está prevista la inauguración de las oficinas municipales en breve, además de indicar que el local solicitado por el BNG no está «inscrito a nombre del Concello», situación que está retrasando todos los trámites.

Mejoras en la carretera Ventín-Milladoiro

October 8, 2008

La carretera que une Ventín con Milladoiro lucirá nueva cara en breve. A finales de septiembre la concejalía de Obras del Concello daba el visto bueno y contrataba a la empresa Martínez Montes para acometer las obras que requerirán una inversión de 14.000 euros. Los trabajos consistirán en aplicar un doble tratamiento asfáltico superficial para mejorar el firme.

El departamento que dirige Gustavo Nieto ha realizado durante este año otros trabajos de mejora en otros lugares del municipio, incluidos los núcleos urbanos. Finalmente, Nieto manifestó que «estas obras son unha iniciativa máis para mellorar as infraestruturas de Ames co obxectivo de facilitar as comunicacións. Trátase dunha intervención eficaz e necesaria para garantir a seguridade do tráfico».

Más de 300 personas dicen adiós a las Bibliopiscinas

October 8, 2008

El área recreativa de Tapia fue el escenario de una gran fiesta con la que padres, hijos y monitores dijeron adiós a las Bibliopiscinas, que con gran éxito cerraron su tercera edición. Más de 300  ersonas se despidieron de una actividad de verano con la que el Concello pretende animar a los amienses a la lectura en su tiempo de ocio. Juegos y diversos talleres fueron los principales ingredientes de un día al que no le faltaron las marionetas del grupo Seisdedos y el teatro con Migallas. Éstos últimos fueron los responsables de que todos los presentes se unieran al espectáculo y acabaran cantando. El alcalde, Carlos Fernández, y los ediles de Educación, Economía y Obras y Servizos (Isabel Pereiro, Patricia Conde y Gustavo Nieto,  respectivamente) no quisieron perderse ninguno de los actos con los que se clausuraban dos meses de Bibliopiscinas. Durante este tiempo una buena parte de los fondos de la biblioteca municipal, así como tres animadoras, se desplazaron hasta las zonas de baño amienses para fomentar la lectura de una manera  entretenida entre los niños. Además, los  pequeños contaron con juguetes y juegos aportados también por el consistorio.  Las actividades desarrolladas a través de este programa continuarán en invierno en las bibliotecas municipales.

Siguiente »

Bottom