Top

El BNG reclama que se acaben las obras del cementerio municipal

December 4, 2008

cementerioEl BNG de Ames considera urgente redactar el proyecto completo del cementerio municipal, así como definir los plazos de ejecución y puesta en marcha del mismo. El Plan de Obras e Servizos (POS) de la Deputación Provincial para Ames en 2009 incluye varias propuestas que los nacionalistas presentaron al pleno en marzo y mayo de 2008 y que fueron aprobadas. Una de ellas es el cementerio, y las otras la finalización de las obras de la Casa da Cultura de Bertamirán y el proyecto de recogida de pluviales en Biduído. A través de un comunicado ofrecido a los medios, los  nacionalistas indican que “en canto á continuación do cemiterio municipal, o BNG era partidario de que este fose sustituído pola execución da urbanización da praza e construción do centro socio-cultural de Ortoño”. Asimismo, puntualizan que el coste de la obra del cementerio ascenderá a más de un
millón de euros, por lo que los 200.000 euros aportados por el POS serían insuficientes “e só sufragarán unha fase da obra. Por iso cremos que debería ter outro tipo de financiación que garantise a súa execución nun prazo razonable”.

Política Territorial no se compromete a señalizar Milladoiro en la autovía de Brión

December 4, 2008

AUTOVIA BRIONLa Consellería de Política Territorial anunció recientemente que no se compromete a “sinalizar Milladoiro e Aldea Nova na autovía de Brión”. La decisión del departamento autonómico, que a pesar de ello reconoce “a posibilidade de facelo segundo a normativa legal que regula este tipo de sinalización nas estradas”, ha sido duramente criticada por el BNG de Ames que considera injustificada la decisión. Los nacionalistas recuerdan que el pleno amiense aprobó, el pasado mes de abril, instar a la Xunta a señalizar ambas salidas, así como la «galeguización » correcta de las señales existentes en la mencionada vía. Pero la respuesta de la consellería a esta pregunta,  planteada por la diputada nacionalista Ana Pontón, ha sido negativa. Por todo ello, el BNG pide de nuevo que se señale convenientemente la AG-56.

Inician un estudo para unir Bertamiráns e O Milladoiro a través dunha senda

December 4, 2008

senda verdePasear pola estrada que une Bertamiráns e O Milladoiro resulta pouco apetecible e incluso pode chegar a ser perigoso. Pero unha vía alternativa e destinada só a peóns e bicicletas podería ser unha perfecta oportunidade para que ambas as localidades tivesen un nexo de unión. Esta senda verde é a idea na que está traballando o goberno municipal dende hai varios anos. A idea xa ten nome: “Dúas vilas e o medio”. Co proxecto en mente encargóuselle á arquitecta técnica María Gamundi, do departamento de Urbanismo, o traballo de deseñar un trazado viable e ao mesmo tempo atractivo. De momento cóntase cunha proposta de circuíto, cuns 15 quilómetros de formulación lonxitudinal
e no que se tentan aproveitar pistas e camiños que discorren por solo rústico de protección medio ambiental e forestal, así como un quilómetro e medio de terreos de especial protección ambiental segundo a cualificación do solo establecida no PXOM. Este trazado inicial tamén cruza por varios núcleos rurais tradicionais. Obtida a proposta de trazado, incorpórase agora a colaboración do departamento de Medio Ambiente co obxectivo de completala con todas as actuacións ambientais necesarias.

Los nacionalistas preguntan por el retraso del comedor del colegio Bispo Guerra Campos

December 4, 2008

obras-bispo-guerra.jpgLos nacionalistas amienses acaban de dirigir un escrito al gobierno municipal para preguntar por el retraso en la ampliación del comedor escolar del colegio Bispo Guerra Campos de Bertamiráns, ya que según indicaron “na actualidade un grupo de varias decenas de alumnos son trasladados diariamente, ao mediodía, a comer ao colexio Agro do Muíño. Esta situación é pouco desexable e entendemos que debe de ser corrixida canto antes”. El BNG explica que “a ampliación deste comedor iase facer colocando un módulo prefabricado anexo ao actual comedor. A licitación do mesmo fíxose en agosto, cun orzamento de 88.626 € e cun prazo de subministro e instalación de 60 dias. Recentemente  a Xunta de Goberno na súa sesión do 15 de novembro de 2008, acordou declarar deserto o procedemento  negociado tramitado para a adxudicación da subministración e instalación deste equipamento”. Según el concejal Vitor Vicente “esta decisión provocará aínda un maior retraso na ampliación deste comedor escolar, que debería ter rematado xa, e é unha proba máis da improvisación do goberno municipal actual». Por todo ello, el BNG pregunta que iniciativa tiene prevista adoptar el gobierno para solucionar en el menor plazo de tiempo posible la situación de los alumnos que se trasladan todos los días a comer al CEIP Agro do Muiño desde el Guerra Campos.

BAZAR JARDIN NAVIDAD 2008

December 3, 2008

BAZAR JARDIN

December 3, 2008

PORTADA Nº 21

Novas dependencias para a Garda Civil en Milladoiro

October 8, 2008

cuartel.jpg 

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o Capitán da Terceira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José María Eceiza, fixeron efectiva a sinatura do convenio na Casa do Concello. No acto tamén estivo presente o Comandante de Puesto Principal do Milladoiro, José Manuel Leis. O acordo establece a entrega das novas dependencias da Garda Civil, que complementarán ao local actual para ofrecer un mellor servizo. A administración local correrá a cargo do aluguer por un período de dous
anos, sendo a Dirección Xeral da Garda Civil quen se faga cargo da renda a partir de entón. A propia Garda Civil, a través dos orzamentos asignados á Comandancia de A Coruña, farase cargo das obras de acondicionamento do novo local.

Seguir leyendo

Aprender e xogar. Bos Dias Cole y Tardes Divertidas

October 8, 2008

bos-diascole.jpgUns 2.500 nenos participaron nos programas de conciliación da vida laboral e familiar en Ames.

O número de participantes medrou en cada unha das programacións lúdicas que ofertou a Concellaría de Educación.

A Concellaría de Educación oferta ao longo do curso programas de conciliación da vida laboral e familiar. Trátase da rede municipal de comedores escolares, os servizos Tardes Divertidas e Bos Días Cole, as programacións lúdicas nos meses de xuño e setembro, no Nadal e na Primavera, así como a Escola de Verán. Preto de 2.500 nenos de entre tres e doce anos participaron nos distintos programas  destinados a facilitarlle a vida aos pais e nais traballadores. Para o vindeiro curso aumenta o número de prazas.

Uns 2500 nenos e nenas participaron durante o curso 2007- 2008 nos distintos programas de conciliación da vida laboral e familiar que pon en marcha a Concellaría de Educación e Servizos Complementarios en distintas épocas do ano. Neste sentido hai que ter en conta que aumentaron os datos de participación e a Concellaría tivo que realizar un esforzo de xestión para permitir a entrada de todos os solicitantes e responder ás incompatibilidades laborais que se presentan no día a día das familias amienses.

Ao longo do curso son tres os servizos que se ofertan en paralelo ao desenvolvemento normal das clases: a Rede municipal de comedores, as Tardes Divertidas e os Bos Días Cole. No curso 2007/2008, uns 650 rapaces comeron con regularidade no servizo de comedores escolares. As prazas ofertadas para o curso 2008-2009 aumentan ata as 860 e ademais, o servizo contará neste curso con dúas cociñas. O
CEIP Agro do Muíño seguirá albergando a actual cociña que preparará os menús para este mesmo centro e para o CEIP Bispo Guerra Campos de Bertamiráns. A nova cociña instalarase na Escola De Educación Infantil Milladoiro, e prestará servizo a este mesmo colexio e máis ao CEP de Ventín. En cambio ao servizo Bos Días Cole, mediante o que se ofrece aos cativos o almorzo e diversos xogos antes de entrar nas aulas, contou no período escolar 2007-2008 con 100 usuarios fixos. Para o vindeiro curso amplíase o número de prazas ofertadas ata 300. E seguindo a mesma liña, aumentarase o número de prazas ata 160 no servizo Tardes Divertidas.

Programacións lúdicas
Ademais dos servizos dispoñibles durante o desenvolvemento das clases, a Concellaría de Educación oferta programas lúdicos nos períodos de vacacións dos centros escolares. O nome destes lúdicos indícanos as datas nas que se desenvolven. Así, organízase o Setembro Lúdico, Nadal Lúdico, a Primavera Lúdica (coincidindo coas vacacións de Semana Santa) e o Xuño Lúdico. A Escola de Verán, por outra banda, desenvólvese nos meses de xullo e agosto.

Os diferentes programas lúdicos, ademais de permitir aos pais e nais asegurarse de que os seus fillos e fillas van a estar ben coidados e atendidos, contan cun programa de actividades que compatibiliza o entretemento e a diversión coa aprendizaxe. Os nenos e nenas participan
en obradoiros, xogos de cooperación e  realizan diferentes saídas e visitas para coñecer o seu contorno ao mesmo tempo  que interaccionan cos seus compañeiros, sempre acompañados de monitores. O Concello habilita diferentes espazos para  desenvolver este servizo, que se organiza nas dúas localidades principais de Ames, Bertamiráns e O Milladoiro.

Menús coidados 

A alimentación dos nenos e nenas é unha preocupación constante dentro da Rede Municipal de Comedores á hora de deseñar menús sans e nutritivos vixiando
sempre as alerxias e incompatibilidades alimentarias dos cativos e cativas. Todos estes detalles mantéñense nos menús que se ofrecen nos programas lúdicos. No mes de maio a Concellaría deu un paso máis no coidado da calidade dos pratos  que comen os pequenos e pequenas coa introdución dalgúns alimentos de produción natural nos menús dos comedores da Rede municipal. Estes produtos son subministrados por labregos e labregas do programa de agricultura sostible do Concello de Ames, Rois, Dodro e Brión, o Proxecto Amorodo. Nos diferentes comedores da Rede Municipal o alumnado aprende hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como unhas normas básicas de respecto, tolerancia e convivencia.

Textos: Concello de Ames / Foto: Archivo

Festa rachada. vV Festa da Mocidade

October 8, 2008

mocidade.jpgÉxito na quinta edición da Festa da Mocidade

A V edición da Festa da Mocidade tomou as rúas e prazas do Milladoiro durante tres días e superou amplamente todas as expectativas de participación. Ao redor de 3000 persoas vibraron o venres 12 de setembro coa mestura de pop, rock e folk do grupo valisoletano Celtas Cortos, que abriu a festa ás 22.30 horas. Foi a apertura de luxo para unha fin de semana na que os rapaces e rapazas amienses puideron gozar con diversas actividades e atraccións, organizadas pola Concellaría de Mocidade. Esta festa serviu, ademais, de importante escaparate e axente dinamizador da hostalaría do  Milladoiro.
A mocidade de Ames mobilizouse na súa fin de semana. Milleiros de mozos e mozas achegáronse ata o Milladoiro para gozar da música, das atraccións e as diversas actividades que protagonizaron a quinta edición da xa tradicional Festa da Mocidade. A Travesía do Porto encheuse o venres, a partir das 22.30 horas, do característico son do grupo Celtas Cortos. Os valisoletanos non decepcionaron aos preto de 3000 fans congregados no concerto, que serviu de apertura á V Festa da
Mocidade.

Xa o sábado, os rapaces e rapazas amienses quixeron despedir o verán por todo o alto, cunha xornada festiva na que puideron gozar en atraccións como o touro mecánico, os inchables, o rocódromo, o rappel ou a tirolina. Ademais, puideron acudir ao encontro de graffiteiros e aos obradoiros de globoflexia e maquillaxe, ou participar en xincanas e xogos tradicionais. Con todo, o maior éxito foi para os paseos en quad e o paintball, destinados a mozos e mozas a partir de 12 anos.

O domingo foi a quenda do deporte, coa celebración, a partir das 11 da mañá, da terceira Olimpíada de Ames. 9 equipos de fútbol e 6 de baloncesto competiron e amosaron as súas destrezas nas pistas exteriores do complexo deportivo do Milladoiro. Ao tempo que se encestaban canastras e se marcaban goles, os afeccionados do ciclismo pedaleaban nunha xincana celebrada no aparcadoiro público deste complexo. Todas estas actividades remataron ás 14.30 horas, coa entrega de premios aos finalistas, que correu a cargo da concelleira de Mocidade, Patricia Conde, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto. A V Festa da Mocidade estivo tamén nas ondas, a través da sintonía de Ames  Radio. Os tres días de Festa transcorreron con total normalidade, en parte grazas á boa coordinación levada a cabo pola Concellaría de Mocidade e ao traballo de 23 voluntarios. O Concello reforzou, ademais, o servizo de limpeza viaria no Milladoiro, para conxugar o lecer e a diversión cun correcto estado das rúas e o normal desenvolvemento do día a día dos veciños. Non faltou un dispositivo especial de seguridade, con numerosos efectivos da Policía local de Ames, a Garda Civil e Protección civil, que velaron polo bo funcionamento da festa.

Textos: Concello de Ames / Fotos: Luchi Gorostiza
 

El consistorio promueve un sistema municipal de alertas de mensajes al móvil

October 8, 2008

El servicio de mensajes al móvil que promueve el Concello ha incrementado notablemente el número de usuarios en los últimos meses. Son ya muchas las personas que reciben noticias en su teléfono a través de alertas. Gracias a este sistema los vecinos que lo deseen reciben en su teléfono información sobre el municipio. El consistorio amiense acaba de poner en marcha una campaña para informar a todos aquellos que no conocen este servicio, de carácter gratuito e inmediato, de las ventajas que supone estar informado. Para ello, se han editado 15.000 folletos que pueden encontrarse en los distintos locales municipales. Todas aquellas personas que deseen tener más información de este servicio podrán hacerlo a través del departamento de Comunicación Social, situado en la Casa da Cultura de Bertamiráns, o bien llamando al número de teléfono 981 883 002 o a través del correo electrónico prensa@concellodeames.org. El Concello utiliza este sistema, principalmente, para avisar de eventos, convocatorias, plazos, actividades etc.
En los mensajes se especifica la hora, el día, el lugar etc de la actividad. El objetivo fundamental es que los vecinos de Ames conozcan las diferentes ofertas de ocio que promueve el Ayuntamiento.

« AnteriorSiguiente »

Bottom