Top

Bo Nadal

diciembre 3, 2010

carlos 2010Carlos A. Fernández Castro
Portavoz do PSOE de Ames

Novamente, a revista Directo Ames bríndame a oportunidade de dirixirme a todos os veciños e veciñas do noso Concello para desexarlles un moi Feliz Nadal. Como sempre as miñas primeiras palabras, nunha época tan entrañable, non poden ser outras que as de expresar o meu afecto e a miña maior felicitación a todos e todas. Pero tamén quero compartir con vós as nosas ideas e os nosos sentimentos, sobre o noso presente e o noso futuro, sobre todo porque estamos a vivir tempos complexos e difíciles que reclaman tesón e fortaleza, tanto por parte dos dirixentes públicos, como por parte do resto das persoas, posto que esa fortaleza require do máis amplo entendemento e solidariedade de todos e todas nós.

Durante este último ano, a grave crise económica que estamos a sufrir, ten levado a que o desemprego sexa a principal causa de preocupación das familias. Afecta a moitas persoas que viven, loxicamente, angustiadas pola súa situación. Voltar a crecer e mellorar as circunstancias económicas e sociais actuais é o reto máis apremiante co que nos atopamos. Debemos garantir, por suposto, a máis alta protección social a quenes máis padecen. Non podemos escatimar esforzos en favor da igualdade de oportunidades, non podemos esquecernos dos máis desfavorecidos nin das persoas en risco de exclusión social. Os seus problemas non son só deles, debemos pensar que son problemas que nos afectan a todos/as e entre todos/as debemos remedialos.

No noso concello, desgraciadamente, convivimos cada día cos problemas que nos plantexan a diario veciños/as do noso entorno, veciños/as como vostede, como eu, que por un xiro inesperado da vida se ven abocados a unha situación de angustia e desesperanza. Agora, todos/as debemos colaborar para atoparlle solucións. Por iso, especialmente nestas datas, quero achegar o meu saúdo máis agarimoso tanto a eles, como a todas aquelas persoas anónimas e desinteresadas que cada día axudan a cambiar a situación destas familias. Sabedes que, dende o goberno municipal, estamos a facer un enorme esforzo por acadar os obxectivos que nos tiñamos marcados, tanto en investimentos básicos como na humanización dos espazos públicos e rúas. O noso traballo e o noso esforzo faise pensando en todas as persoas do concello e, fundamentalmente, adicámolo a mellorar a súa calidade de vida.

OS CONCELLOS SON DAS PERSOAS e a eles van dedicados, con maior ou menor acerto, todos os nosos esforzos.

Desexo que todos e todas pasedes unhas moi felices festas na compañía de familiares, amigos, e que todos xuntos afrontemos o novo ano con ilusión e con esperanza  Bo nadal e feliz aninovo!

Te ha gustado? Compártelo:

Boas Festas

diciembre 3, 2010

santiago amor 2010Santiago Amor , Voceiro do PP e candidato a Alcaldía de Ames

En primeiro lugar quero darlle as grazas a Directo Ames por facilitarme este espacio para comunicarme cas veciñas e veciños de Ames , e animalos a seguir neste tempos de crise coa súa labor. Vaia dende aquí tamén o meu apoio as familias de Ames que están a sufrir neste intre a dureza da situación económica e os colectivos e persoas que están a axudar co seu traballo coas súas achegas e o seu esforzo persoal para axudar os que mais están a sufrir esta situación.

Estamos no Nadal tempo por excelencia para compartir con familiares e amigos , e tempo para adicar tamén e facer balance do acontecido durante o ano e fixar os obxectivos a acadar cara o ano que ven.

Este ano que remata deixanos poucos cambios no día a día do noso Concello, seguimos a ver sempre o mesmo cando camiñamos polas nosas rúas, seguimos a sufrir a despreocupación e a falla de xestión do Alcalde , estamos a sufrir violencia dialéctica na vida municipal, incumprimentos por parte de quen nos desgoberna e seguimos a ver a situación crítica que está a sufrir a xestión económica municipal, débedas a autónomos, pequenos comercios, empresas e provedores, débedas as empresas que recollen o lixo e limpan as rúas en definitiva, unha situación de despreocupación, improvisación e dilapidación de recursos públicos tan necesarios
na conxuntura actual.

O vindeiro ano debemos ter esperanzas en que mellore a situación económica , debemos ter ilusión en que algo mude no noso Concello porque é posible e ademais é conveniente; debemos confiar nas persoas e nos proxectos que dende o noso equipo temos para Ames, uns proxectos moi ambiciosos para un concello que ten o valor máis importante do que se pode presumir, as persoas. Un concello que é a envexa de Galicia e de España porque dispón do mellor capital humano con eses 365 nacementos cada ano, ese zume novo polo que hai que traballar sen descanso e coa maior dilixencia e austeridade na xestión de fondos públicos.

E posible, é conveniente que no noso concello volvase a poñer en valor as zonas rurais dotando as parroquias dos servizos que merecen. Xa para rematar enviar moito ánimo para todos e dar moitas grazas polo apoio recibido neste último ano. Que teñades un Nadal cheo de ledicia. BOAS FESTAS

santiago@ppdeames.org / www.ppdeames.org

Te ha gustado? Compártelo:

Un ventureiro 2011

diciembre 3, 2010

xose ramon 2010Xosé M. Fernández López
Portavoz Municipal do BNG

Un ano máis, e van nonseicantos, correspéndeme, en nome do BNG de Ames,e en nome propio, felicitar o Nadal aos veciños e veciñas . Pois que así sexa, deséxolles a todos e a todas un ano 2011 cheo de venturas, e no que se fagan realidade, se non todos, moitos dos seus soños.

Este ano por ser o derradeiro do meu ciclo político como concelleiro do Bloque en Ames, voume pemitir, co seu permiso, algunha alusión persoal máis do habitual. Alá van xa case doce anos, cumpriranse en maio, tres lexislaturas. E abofé que abandono estas responsabilidades coa  satisfacción do deber cumprido. Coa satisfacción persoal de ter colaborado no desenvolvemento do noso concello en moitos ámbitos da vida municipal , tanto desde o goberno como da oposición.

Non me corresponde a min louvar o traballo feito, pero si debo recoñecer que quizais o que máis orgullo me produce é ter colaborado en pechar un ciclo político que tiña comenzado na década dos setenta, e que se pechou no 2004. E ter iniciado unha nova andaina para Ames desde logo máis acorde cos tempo nos que vivimos. Andaina que algúns, algún, aspira a monopolizar, pero que corresponde ao traballo  colectivo de moita xente e na que tivo unha participación decisiva o Bloque Nacionalista Galego.

Detrás de uns veñen outros, ninguén é imprescindible, aínda que todos necesarios. Volvo ás aulas do IES de Ames con ilusión. Retírome do primeiro plano da vida municipal, pero as miñas ideas nacionalistas e de esquerdas, e a miña militancia no BNG seguirán tan sólidas coma sempre.Disimulen todas estas alusións persoais.

O dito, as maiores venturas persoais, laborais e profesionais no 2011 para todos e todas, e a ver se no próximo ano vemos o comezo das obras do IES, do novo Ceip, do Centro de Saúde, do Parque Central etc.

Te ha gustado? Compártelo:

Un ventureiro ano 2010

diciembre 2, 2009

Por: Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG

¡Qué rápido pasou o 2009! Non hai nada estabamos falando dos 33,5 millóns de euros de orzamento, dos 7,5 millóns de euros para O Milladoiro, e agora parece que poucos se lembran desas cifras; agora temos que falar de asuntos máis ordinarios: retrasos nos pagos aos proveedores do Concello, retrasos nas subvencións ás familias e ás entidades asociativas, perda de  ubvencións, dimisións de concelleiros, máis adecuado… concelleira, do goberno… Ah! pero esta fiestra non é para falar de política municipal! Tampouco quero abusar da amabilidade dos amigos de DirectoAmes. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Ilusión e optimismo

diciembre 2, 2009

Por: Santiago Amor Barreiro
Portavoz municipal do PP

O Nadal son as festas familiares por excelencia, son datas de reflexión. datas para gozar na compaña dos seres queridos e amigos pero tamén deben ser datas para pensar no acontecido ao cabo do ano. Os que temos algunha responsabilidade na vida pública, deberíamos tamén reflexionar si estamos a facer todo o necesario para mellorar a vida das persoas do noso  entorno e si a nosa misión se está a cumprir. Os que estamos na vida pública, temos que facer un exercicio de reflexión dende a autocrítica para valorar si as actitudes que estamos tendo son as máis axeitadas para que a vida das persoas que nos rodean sexa cada vez mellor ,ao cabo, para iso estamos. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Bo Nadal

diciembre 2, 2009

Por: Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames

Xa pasou un ano dende que a revista DirectoAmes me brindara a oportunidade dirixirme a todos os veciños e veciñas do concello para desexarlles un moi feliz nadal. Como sempre, é para min unha honra compartir meus desexos de ledicia e prosperidade para estas datas e para o novo ano que comeza. Pero, especialmente este ano, é inescusable facer un recordatorio a todas aquelas persoas que están a vivir unha situación complicada. A difícil coxuntura económica fai que convivamos cada día cos problemas de moitas persoas e coas circunstancias que a diario me dan a coñecer. Por iso, especialmente nestas datas, quero achegarlles o meu saúdo máis agarimoso e facer unha mención especial a todas esas persoas. É moi importante que todos e todas fagamos unha reflexión. Moitas cousas pasaron neste tempo e moitas cousas cambiaron neste tempo. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Feliz 2009

diciembre 4, 2008

Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG

Un ano máis DA ofrécenos a oportunidade de felicitar o Nadal aos veciños e veciñas de Ames. Por iso, primeiramente quero desexerlles a todos e a todas, no nome da xente do Bloque, un ventureiro e próspero ano 2009. Este era un ano que se agardaba con moita expectativa no eido m unicipal, porque o actual goberno presentaba os seus primeiros orzamentos en solitario, e faciao cunhas cifras que daban un pouco de vértigo: 33,5 millóns de euros. E deses, 7,5 millóns eran para facer investimentos no Milladoiro: parque recreativo central, urbanización da Travesia do Porto etc. Dende logo con que se fixese a metade do que se prometía, xa era para nota. Agora que chega o Nadal, e os Reis Magos, e visto o visto, eu coido que algúns fixeron méritos suficientes para levar para a casa varios carros cargados de carbón. Seguro que os Reis llos van traer. E despois da eliminación do proxecto do parque recreativo do Milladoiro ainda lles van traer máis. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Feliz aninovo

diciembre 4, 2008

Santiago Amor
Portavoz municipal do PP

As festas do Nadal xa están aquí un máis. É tempo de facer balance do ocorrido durante o ano e unha “lista” bos propósitos para o 2009, e como sendo habitual DirectoAmes convídame a facelo.

 O 2008 deixa moitos propósito cumpridos pero tamén moitos sen cumprir. o ano do I Congreso do PP de Ames,  Foi o ano da participación e o ano onde os nosos militantes mostraron a súa forza para a  consolidación do noso proxecto como alternativa fronte a un PSOE sen ideas, sen dirección e polo tanto sen rumbo. Nos, a pesares de todos os atrancos, soubemos estar a altura das circunstancias e a altura dos intereses dos cidadáns de Ames. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Bo Nadal

diciembre 4, 2008

Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames

Un ano máis a revista Directo Ames bríndame a oportunidade de felicitar nestes días tan entrañables a todos os veciños e veciñas do noso concello, e a todos aqueles que por motivos familiares se atopan nestas datas entre nós.

Como alcalde e como representante da corporación municipal é para min unha enorme satisfacción manifestarlles tanto o noso sincero afecto, coma os nosos mellores desexos, para que neste nadal sexan colmados de felicidade e poidan gozar cos seus seres máis queridos, compartindo con eles a ledicia, a prosperidade e a ilusión que un novo ano debe traer consigo. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Queridos Reyes Magos:

diciembre 4, 2008

Por: Fernando Jáuregui
(Supongo que hay que empezar así toda carta a los Reyes. Es lo convencional)
Os escribo para deciros que os he descubierto. Que sois falsos como el falso oropel, como las coronas de cartón que utilizan quienes tratan de representaros en las cabalgatas. Pero a mí no podéis confundirme. Lo sé todo. Sé quiénes son los Reyes Magos.

En realidad, no tengo nada que pediros. Así de sosa es mi vida. No imagino qué es lo que más anhelo. Sé que alguien, que no vosotros, me regalará una camisa, un batín de cuadros, unos calzoncillos, qué sé yo. O puede que unos gemelos, aunque ya tengo de todo eso. En realidad, tengo de todo lo que una persona normal, vulgar como yo, puede desear: un coche, una casa, un trabajo (por ahora), una mujer, dos hijas, veintitrés corbatas, tres trajes, una chaqueta blazer. Y un perro. También algunos libros -por favor, no me traigáis libros: siempre me quedarán por leer muchísimos más de los que pueda devorar; sobre todo, libros no-. Me queda el recurso, para cubrir el expediente, de pediros las grandes cosas: Paz Para El Mundo, Que la Crisis No Acabe con Nuestro Ánimo -o, mejor, que se supere la puñetera crisis, este mismo mes, si puede ser, que la cuesta de enero viene especialmente empinada este 2009-. Justicia, Igualdad, etcétera. Seguir leyendo

Te ha gustado? Compártelo:

Siguiente »

Bottom