Un ventureiro ano 2010
December 2, 2009
Por: Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG
¡Qué rápido pasou o 2009! Non hai nada estabamos falando dos 33,5 millóns de euros de orzamento, dos 7,5 millóns de euros para O Milladoiro, e agora parece que poucos se lembran desas cifras; agora temos que falar de asuntos máis ordinarios: retrasos nos pagos aos proveedores do Concello, retrasos nas subvencións ás familias e ás entidades asociativas, perda de ubvencións, dimisións de concelleiros, máis adecuado… concelleira, do goberno… Ah! pero esta fiestra non é para falar de política municipal! Tampouco quero abusar da amabilidade dos amigos de DirectoAmes. Seguir leyendo
Ilusión e optimismo
December 2, 2009
Por: Santiago Amor Barreiro
Portavoz municipal do PP
O Nadal son as festas familiares por excelencia, son datas de reflexión. datas para gozar na compaña dos seres queridos e amigos pero tamén deben ser datas para pensar no acontecido ao cabo do ano. Os que temos algunha responsabilidade na vida pública, deberíamos tamén reflexionar si estamos a facer todo o necesario para mellorar a vida das persoas do noso entorno e si a nosa misión se está a cumprir. Os que estamos na vida pública, temos que facer un exercicio de reflexión dende a autocrítica para valorar si as actitudes que estamos tendo son as máis axeitadas para que a vida das persoas que nos rodean sexa cada vez mellor ,ao cabo, para iso estamos. Seguir leyendo
Bo Nadal
December 2, 2009
Por: Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames
Xa pasou un ano dende que a revista DirectoAmes me brindara a oportunidade dirixirme a todos os veciños e veciñas do concello para desexarlles un moi feliz nadal. Como sempre, é para min unha honra compartir meus desexos de ledicia e prosperidade para estas datas e para o novo ano que comeza. Pero, especialmente este ano, é inescusable facer un recordatorio a todas aquelas persoas que están a vivir unha situación complicada. A difícil coxuntura económica fai que convivamos cada día cos problemas de moitas persoas e coas circunstancias que a diario me dan a coñecer. Por iso, especialmente nestas datas, quero achegarlles o meu saúdo máis agarimoso e facer unha mención especial a todas esas persoas. É moi importante que todos e todas fagamos unha reflexión. Moitas cousas pasaron neste tempo e moitas cousas cambiaron neste tempo. Seguir leyendo
Feliz 2009
December 4, 2008
Xosé M. Fernández
Portavoz Municipal do BNG
Un ano máis DA ofrécenos a oportunidade de felicitar o Nadal aos veciños e veciñas de Ames. Por iso, primeiramente quero desexerlles a todos e a todas, no nome da xente do Bloque, un ventureiro e próspero ano 2009. Este era un ano que se agardaba con moita expectativa no eido m unicipal, porque o actual goberno presentaba os seus primeiros orzamentos en solitario, e faciao cunhas cifras que daban un pouco de vértigo: 33,5 millóns de euros. E deses, 7,5 millóns eran para facer investimentos no Milladoiro: parque recreativo central, urbanización da Travesia do Porto etc. Dende logo con que se fixese a metade do que se prometía, xa era para nota. Agora que chega o Nadal, e os Reis Magos, e visto o visto, eu coido que algúns fixeron méritos suficientes para levar para a casa varios carros cargados de carbón. Seguro que os Reis llos van traer. E despois da eliminación do proxecto do parque recreativo do Milladoiro ainda lles van traer máis. Seguir leyendo
Feliz aninovo
December 4, 2008
Santiago Amor
Portavoz municipal do PP
As festas do Nadal xa están aquí un máis. É tempo de facer balance do ocorrido durante o ano e unha “lista” bos propósitos para o 2009, e como sendo habitual DirectoAmes convídame a facelo.
O 2008 deixa moitos propósito cumpridos pero tamén moitos sen cumprir. o ano do I Congreso do PP de Ames, Foi o ano da participación e o ano onde os nosos militantes mostraron a súa forza para a consolidación do noso proxecto como alternativa fronte a un PSOE sen ideas, sen dirección e polo tanto sen rumbo. Nos, a pesares de todos os atrancos, soubemos estar a altura das circunstancias e a altura dos intereses dos cidadáns de Ames. Seguir leyendo
Bo Nadal
December 4, 2008
Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames
Un ano máis a revista Directo Ames bríndame a oportunidade de felicitar nestes días tan entrañables a todos os veciños e veciñas do noso concello, e a todos aqueles que por motivos familiares se atopan nestas datas entre nós.
Como alcalde e como representante da corporación municipal é para min unha enorme satisfacción manifestarlles tanto o noso sincero afecto, coma os nosos mellores desexos, para que neste nadal sexan colmados de felicidade e poidan gozar cos seus seres máis queridos, compartindo con eles a ledicia, a prosperidade e a ilusión que un novo ano debe traer consigo. Seguir leyendo
Queridos Reyes Magos:
December 4, 2008
Por: Fernando Jáuregui
(Supongo que hay que empezar así toda carta a los Reyes. Es lo convencional)
Os escribo para deciros que os he descubierto. Que sois falsos como el falso oropel, como las coronas de cartón que utilizan quienes tratan de representaros en las cabalgatas. Pero a mí no podéis confundirme. Lo sé todo. Sé quiénes son los Reyes Magos.
En realidad, no tengo nada que pediros. Así de sosa es mi vida. No imagino qué es lo que más anhelo. Sé que alguien, que no vosotros, me regalará una camisa, un batín de cuadros, unos calzoncillos, qué sé yo. O puede que unos gemelos, aunque ya tengo de todo eso. En realidad, tengo de todo lo que una persona normal, vulgar como yo, puede desear: un coche, una casa, un trabajo (por ahora), una mujer, dos hijas, veintitrés corbatas, tres trajes, una chaqueta blazer. Y un perro. También algunos libros -por favor, no me traigáis libros: siempre me quedarán por leer muchísimos más de los que pueda devorar; sobre todo, libros no-. Me queda el recurso, para cubrir el expediente, de pediros las grandes cosas: Paz Para El Mundo, Que la Crisis No Acabe con Nuestro Ánimo -o, mejor, que se supere la puñetera crisis, este mismo mes, si puede ser, que la cuesta de enero viene especialmente empinada este 2009-. Justicia, Igualdad, etcétera. Seguir leyendo
Bo Nadal
December 4, 2008
Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia
Para quen ten na proximidade cos cidadáns un obxectivo central da súa acción política, a oportunidade de dirixirse directamente a un conxunto de veciños constitúe un motivo de enorme satisfacción. E iso é precisamente o que significa para min a porta que me abre a revista DirectoAmes, unha magnífica ocasión que quero aproveitar, en primeiro lugar, para transmitirlles a todos os cidadáns deste concello o meu afecto e os meus mellores desexos para este Nadal. Seguir leyendo


